Presentada en Curtis a terceira etapa da XVIII Volta a Galicia





O municipio coruñés de Curtis xa vive a XVIII Volta a Galicia. Este venres presentouse na praza do concello en Teixeiro a terceira etapa da rolda autonómica, que se disputará o sábado 21 de setembro.

Nesta penúltima tirada da volta os corredores terán que completar 151 quilómetros. A saída darase ás 13:00 horas na Praza de España, en Teixeiro, e a chegada está prevista ao redor das 17:00 horas na Avenida Principal de Curtis. 

O acto de presentación contou coa presenza de Javier Caínzos, alcalde de Curtis; de Carmen Cernadas, concelleira de Deportes; de Eva Lata, concelleira de Igualdade e Cultura; de Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo (FGC); e de Guillermo Sande, técnico da FGC. 

http://www.voltagalicia.com/