PRESENTADO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CICLOCRÓS PONTEVEDRA 2019





Modalidades: 

A sede do Concello de Pontevedra foi o lugar elixido para a presentación oficial do Campionato de España de Ciclocrós 2019, que se celebrará no parque Illa das Esculturas do 11 ao 13 de xaneiro. O acto contou coa presenza destacada das dúas veces Campión de España de ciclocrós sub23 e gañador do Tour de Francia, Óscar Pereiro quen exercerá de padriño do combinado galego na competición.

 Xunto ao ciclista galego ha estado a Concelleira de Deportes do Concello de Pontevedra, Anxos Rivero; o Director Deportivo da Federación Galega de Ciclismo ( FGC), Guillermo Sande; as Secretaria da FGC, Begoña Carpinteiro e o Presidente da Federación Española de Ciclismo ( RFEC), José Luis López Cerrón.

Anxos Riveiro, Concelleira de Deportes, iniciou a súa alocución resaltando “a importancia dunha cita que poñerá en xogo 25 camisolas de Campións de España entre os 900 ciclistas que se esperan participen no Nacional”. Riveiro sinalou que esta cita é a primeira dun ano especialmente importante no deportivo para a cidade xa que albergará varios campionatos de España e un mundial en diversas disciplinas.

Pola súa banda, a Secretaria da Federación Galega mostrouse esperanzada por poñer de maneira brillante “o colofón a unha gran tempada que o ciclismo galego está a vivir nesta disciplina”.

Guillermo Sande, Director da proba, anunciou que o campionato “será atípico con respecto a outras edicións anteriores posto que os participantes non poderán adestrar no circuíto ata o mesmo día de apertura da competición”. Segundo Sande, “isto restará vantaxe ao conxunto local pero todos estarán en igualdade de condicións”.

O seleccionador galego referiuse de maneira especial á proba de remudas por Seleccións Autonómicas, o Team Relay na que Galicia “espera facer un bo papel. Hai dous anos fomos campións e o pasado escapóusenos por avaría. É complicado falar de favoritos pero confío en que algún galego sairá deste Campionato coa convocatoria para ir ao Mundial”, dixo Sande.

Precisamente ás opcións mundialistas referiuse o presidente da RFEC, José Luis López Cerrón quen anunciou que “deste Campionato de España sairá a Selección Española que estará no próximo Mundial así que todos xóganse moito nesta cita”.

Aínda que hai que valorar a condición de favoritos que teñen ciclistas como Ismael Esteban, Felipe Orts ou Larrinaga, hai que considerar á xente máis nova que tamén conta con posibilidades”, sinalou Cerrón.

Para o máximo responsable do ciclismo español, “este Campionato será un gran epílogo á tempada galega e española dunha disciplina en auxe na cal tivemos moitas dificultades para encaixar o abundante número de probas que se disputaron”.

O acto serviu tamén para dar a coñecer os pormenores do Campionato que contará cun circuíto chairo próximo aos tres quilómetros. No seu trazado dispuxéronse dúas zonas de escaleiras e un obstáculo de taboleiros. A principal complicación do trazado estará marcada polas condicións climatolóxicas e a complicación que poida ir engadíndose en cada paso por volta.

O de 2019 será a terceira ocasión na que Galicia, e máis concretamente a provincia de Pontevedra, alberguen un Campionato de España, tras ser organizadores das citas de Porriño 1999 e Ribadumia en 2006. Tamén se fixo referencia ás posibilidades de seguir en directo o Campionato a través da liga Sports e a canle autonómica galega TVG.

Máis información na web do Campionato: www.cexpontevedra2019.com e nas redes sociais a través do hashtag: #CECXpontevedra19

©Foto: Difusiónprosport

 (De izda a derecha) Oscar Pereiro, Guillermo Sande (FGC), José Luis López Cerrón (RFEC), Anxos Riveiro (Concello de Pontevedra), Begoña Carpinteiro (FGC)