Presentado o Campionato de Galicia CRE





Modalidades: 

Presentouse o Campionato de Galicia de contrareloxo por equipos que se celebraba

O salón de plenos do Concello do Porriño acolleu a presentación oficial do Campionato de Galicia de ciclismo na modalidade de contrareloxo por equipos que terá lugar o vindeiro domingo 15 coa organización do Club MasterLouriña. No acto estiveron presentes o Tenente de Alcalde e responsable de deportes do Concello de O Porriño, Manuel Carreira; David Sobral, xerente da Asociación de Empresarios de As Gándaras e da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa; Guillermo Sande, Director Técnico e Seleccionador da Federación Galega de Ciclismo e Juan Álvarez, responsable do club organizador.

Na presentación púxose de manifesto a capacidade que as rúas interiores do Polígono de A Granxa achegan á proba para conformar un circuíto completamente chairo e con curvas moi abertas que apenas restarán velocidade aos equipos participantes. Á espera do peche de inscricións, os organizadores programaron as saídas cunha cadencia de tres minutos entre conxuntos. Na cita estarán presentes equipos de todas as categorías.

Desde o luns ata o mércores (11 de xullo) ás 23:59 horas pódense realizar as inscricións na web da Federación. Rogámoslles que teñan en conta os seguintes aspectos á hora de realizar as inscricións. 

1.- O número de ciclistas por equipo é dun mínimo de 4 e un máximo de 6. 

2.- Débese Indicar o nome do equipo na casa de "Equipo CRE", se un club inscribe a máis dun equipo na mesma categoría deberá distinguilos indicando despois do nome a letra A, B, etc. ·

3.- O Campionato de Elite/ Sub 23 é único, polo que os equipos poden estar formados por ciclistas elite e sub 23. 

4.- O Campionato de Máster é único, polo que os equipos poden estar formados por ciclistas de distintas categorías de máster (30, 40, 50 e 60). 

5.- Non se permiten a participación de equipos mixtos (ciclistas de distintos clubs no mesmo equipo). 

6.- Se un equipo está formado con algún ciclista que non é galego pode disputar a CRE pero non opta ao título. 

7.- A orde de saída realizarase de forma aleatoria e se un club ten varios equipos na mesma categoría, o seu último en saír será o seu equipo A. 

O venres publicaranse na web da FGC a orde de saída.