Proclamación definitiva de asambleístas





Tema: 

No día de hoxe seguindo o calendario electoral, dáse publicación á proclamación definitiva de membros da Asemblea Xeral. Todos os asambleístas deberán tomar posesión no prazo de 5 días hábiles, do 20 ao 26 de novembro, enviando o modelo oficial dirixido a Xunta Electoral. O calendario electoral marca o mesmo prazo, do 20 ao 26 de novembro para a presentación de candidaturas a Presidente e Comisión Delegada.

Do mesmo xeito, e tras a aprobación da Secretaría Xeral para o Deporte anúnciase a data correxida da Asemblea Xeral para a elección da Presidencia e Comisión Delegada, que terá lugar o sábado, 15 de decembro as 17.00 horas en primeira e 17:30 en segunda convocatoria no Hotel Congreso en Teo.

Todos os modelos oficiais podense descargar no menú de Procesos Electorais http://www.fgalegaciclismo.es/procesos-electorais ou Eleccións 2018.