Probas Deportivas

Sedes e datas dos Campionatos de Galicia 2020





Reunida este xoves a Xunta Directiva da Federación Galega de Ciclismo en cumprimento cos seus estatutos no artigo 17.6.f),  acordou entre outros asuntos a concesión dos Campionatos de Galicia 2020 nas distintas modalidades.

Nas próximas semanas publicaranse as sedes para o Campionato de Galicia Estrada CRI e o Campionato de Galicia BTT-Eliminator. Quedando soamente aberta a recepción de solicitudes para o Campionato de Galicia BTT-Descenso

Estas son as datas e sedes concedidas:


Calendarios de Estrada e BTT para o 2020





A Federación Galega de Ciclismo xa conta con calendarios definitivos de Estrada e BTT para a temporada 2020 despois de ser aprobados por unanimidade o pasado 7 de decembro na Asemblea Xeral Ordinaria.

A partir de agora, as modificacións ou as probas que se queiran engadir terán que recibir luz verde por parte da Comisión Delegada da FGC. 

Adxuntamos ambos documentos para a súa consulta.

 


Viveiro repite no calendario da Copa de España de Ciclismo Adaptado en Estrada





Por segundo ano consecutivo Viveiro será unha das sedes da Copa de España de Ciclismo Adaptado en Estrada. A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo aprobou o calendario deste circuíto para o 2020. Constará de sete xornadas, celebrándose a cuarta na Mariña Lucense o 6 de xuño.

A II Copa de España Concello de Viveiro marcará o ecuador dun certame estatal que arrancará o vindeiro 7 de marzo en Badajoz e finalizará o 11 de outubro en Totana (Murcia).


Vídeo: Resumo do Campionato de Galicia de Ciclocrós 2019





Fai click nesta ligazón para ver o resumo emitido pola TVG2 do Campionato de Galicia de Ciclocrós 2019 celebrado no Porriño.


Iván Feijoo, top-10 na Copa do Mundo de Nommay





O alaricano Iván Feijoo (Nesta-Skoda Alecar) asinou o seu primeiro top-10 como sub-23 nunha proba da Copa do Mundo este domingo en Nommay (Francia). Unha semana despois de revalidar o seu título de campión de España, o ourensán sufriu unha caída nos compases iniciais e protagonizou unha espectacular remonta que o levou ata a décima posición final.


Os 10 nomes propios elite e sub-23 do Campionato de España de Ciclocrós en Pontevedra





FELIPE ORTS

(Villajoyosa, 1995)

O vixente campión elite chega a Pontevedra tras facer historia no ciclocrós estatal. Por primeira vez un corredor español aparece no Top-10 do ranking da UCI. O seu rendemento esta temporada, e nos últimos anos, sitúa ao alacantino do Teika como o gran favorito ao título.


Maceda pechou a Copa Galicia de Ciclocrós con vitoria de Iván Feijoo e triunfo na xeral de Saúl López





Os mellores especialistas autonómicos brillaron este domingo no último test previo ao Campionato de España que a vindeira fin de semana se celebrará en Pontevedra. Os sub-23 Iván Feijoo (Nesta) e Irene Trabazo (XSM) venceron en Maceda nas carreiras raíñas da derradeira cita puntuable para a Copa Galicia. O outro gran triunfador foi Saúl López, que defendeu con éxito o maillot de líder elite na proba organizada polo seu club.


Iván Feijoo: “En Pontevedra agardo unha carreira táctica”





O corredor alaricano do Nesta – Skoda Alecar buscará revalidar no Campionato de España a coroa sub-23 que conquistou o pasado ano no circuíto da Illa das Esculturas.

- ¿Que recordo lle quedou do seu triunfo hai un ano na competición sub-23?

-Sobre todo, a cantidade de público que había. Sabía que o circuíto se me ía dar ben e ao final foi unha dura batalla con Jofre Cullell. Puiden facerme co título en Pontevedra, en Galicia, e quedei moi contento.


Saúl López supera a Carlos Canal en Verín e recupera o maillot de líder da Copa Galicia de Ciclocrós





Un representante do club anfitrión defenderá a camisola de líder elite este domingo en Maceda no peche da Copa Galicia de Ciclocrós. Saúl López venceu este sábado en Verín e desbancou do primeiro posto da xeral a Daniel López (Cambre). O monfortino ergueu os brazos na primeira das dúas citas desta fin de semana na provincia de Ourense tras bater ao sub-23 Carlos Canal (Burgos BH) nun axustado final. 


Pascual Momparler: “Hai moita xente que se vai xogar a praza para o Mundial en Pontevedra”





Na primeira fin de semana do mes de febreiro a localidade suíza de Dübendorf acollerá o Mundial de Ciclocrós 2020. A lista que vai representar a España en terras helvéticas terminarase de perfilar en Pontevedra, onde o seleccionador Pascual Momparler seguirá in situ todas as carreiras o 11 e o 12 de xaneiro.