Probas Deportivas

Tony Pérez selou cunha vitoria en Arrasate o seu triunfo no ranking máster-40 do Open de España de Enduro





Despois de catro meses de paréntese, o Open de España de Enduro 2019 regresou esta fin de semana para resolver os seus rankings finais. Tony Pérez chegaba como líder máster-40 e certificou o seu título impoñéndose en Arrasate (Guipúscoa). O rider do Condado Bike foi un dos seis galegos que rematou entre os tres primeiros da súa categoría nas clasificacións definitivas do certame estatal. 


Resumo do Campionato de Galicia 2019 Cadete, Júnior e Feminino de estrada





Fai click nesta ligazón para ver o resumo do Campionato de Galicia 2019 Cadete, Júnior e Feminino de estrada emitido pola segunda canle da TVG


O Riazor sitúase líder por equipos da Copa de España de ciclismo adaptado





Segunda vitoria consecutiva e liderado na xeral por equipos para o Club Ciclista Riazor na Copa de España de ciclismo adaptado. O conxunto coruñés repetiu esta fin de semana no Valle de Trápaga (Biscaia) o histórico éxito acadado dúas semanas antes en Orihuela (Alacante). Empurrados polos triunfos individuais de Iván Montero e Mila López, os galegos sitúanse no máis alto do ranking por escuadras a falta de tres citas para o remate da temporada. 


Pellón mantén o seu dominio no regreso da Copa Galicia de Descenso no Páramo





O calendario autonómico de Descenso reactivouse esta fin de semana para iniciar na localidade lucense do Páramo o seu intenso final da temporada. O DHG Team organizou o DH Molinos, segunda xornada puntuable da Copa Galicia desta modalidade. Entre os 80 participantes, o máis rápido foi o máster-30 Manuel Pellón (BDM Bike Club).


Dous segundos danlle a Márquez a Volta en San Roque





Final de infarto este domingo no desenlace da decimo oitava edición da Volta a Galicia. O líder Martí Márquez chegaba á última xornada con 27 segundos de vantaxe sobre Alejandro Ropero e acabou salvando o maillot amarelo por 2” no alto de San Roque, en Viveiro. O andaluz do Kometa puxo contra ás cordas ao catalán do Lizarte formando parte do cuarteto que se destacou na ascensión de primeira categoría onde o portugués Patrick Videira (Fortunna/Maia) se anotou o triunfo de etapa.


Mediero e Ucha firman un dobrete para o Vigués en Curtis e Márquez sitúase líder





A terceira e penúltima xornada da Volta a Galicia tivo tres triunfadores este sábado na localidade coruñesa de Curtis. O gañador Roberto Mediero e o segundo clasificado Jacobo Ucha, ambos do Club Ciclista Vigués, cruzaron a liña de meta erguendo os brazos. A roda dos dous galegos entrou Martí Márquez (Lizarte). O catalán asaltou o primeiro posto da xeral e chega con 27 segundos de vantaxe á última etapa na que o Alto de San Roque, de primeira categoría, exercerá de xuíz definitivo en Viveiro.


Retransmisión en directo da 3ª etapa da Volta a Galicia





A terceira etapa da Volta a Galicia, Teixeiro-Curtis, poderá seguirse este sábado en directo a través da páxina web oficial da carreira: http://www.voltagalicia.com/directo/


Montenegro imponse en Baiona e Ropero vístese de amarelo





O primeiro contacto coa montaña da Volta a Galicia decidiuse cun final axustado en Baiona. Jorge Martín Montenegro foi o máis rápido dun cuarteto que se presentou na liña de meta da segunda etapa con catro segundos de vantaxe sobre o pelotón. O ciclista arxentino do Aluminios Cortizo de Padrón superou ao esprint a Jacobo Ucha (Vigués) e a terceira praza ocupouna o novo líder, o andaluz Alejandro Ropero (Kometa), que desbancou do máis alto da xeral a Roger Adriá (Lizarte).


Retransmisión en streaming da 2ª etapa da Volta a Galicia





As etapas da Volta a Galicia poderán seguirse en streaming a través da canle de YouTube de EME Sports: https://www.youtube.com/watch?v=t3L2j8KpHcA