Probas Deportivas

Segundo posto para o Club Ciclista Riazor na Copa de España de Badajoz





Despois do seu paso por Viveiro a Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019 reanudouse este sábado en Badajoz coa súa cuarta proba puntuable. A beiras do Guadiana o Club Ciclista Riazor acadou catro medallas, rematou segundo por equipos e mantivo o liderado nas dúas clasificacións que encabezan os seus handbikers.

Mila López encabezou a actuación da estrutura coruñesa impoñéndose na competición WH4. Deste xeito, a handbiker de Baiona reforzou a súa primeira posición na xeral da Copa. 


Precalendario de ciclocross 2019/2020





Na xuntanza celebrada este xoves en Santiago de Compostela elaborouse o Precalendario de ciclocross para a temporada 2019/2020 tras as propostas presentadas polos clubes organizadores. 

A reunión tamén serviu para tratar diversas modificacións na Normativa Técnica. Título IV-Probas de Ciclocross 2019/2020 que serán sometidas a estudo pola Comisión Delegada. 

 

PRECALENDARIO

Sábado 5 de outubro                         O  Porriño 


Veloso vence no prólogo e lidera a xeral do Trofeo Joaquim Agostinho





 

O galego Gustavo César Veloso (W52-FC Porto) adxudicouse este xoves o prólogo do Grande Prémio Internacional de Torres Vedras - Troféu Joaquim Agostinho, asumindo o liderato da xeral individual en Turcifal, Torres Vedras.


Vídeo: resumo do Campionato de España de Enduro 2019 - Toyota Nipocar





Fai click neste enlace para ver o resumo do Campionato de España de Enduro 2019 - Toyota Nipocar emitido por Teledeporte

 

Foto: Yaiza F.P. 


VIII edición do mellor descenso urbano de España: DHU Vila de Sarria





Esta fin de semana 13 e 14 de xullo terá lugar en Sarria (Lugo) o xa consolidado Descenso urbano de MTB, proclamado por moitos como o mellor urbano de España e recentemente premiado pola Federación Galega de Ciclismo como mellor evento do ano.

Máis de 60 voluntarios fan posible que se leve a cabo un despregamento digno de calquera mega evento no que se reparten máis de 100 estruturas de madeira, as cales farán posible o espectáculo de acrobacias e velocidade que caracterizan aos participantes deste deporte.


Punzón puxo o broche final á Copa Galicia XCO en Poio





Repóker de vitorias para o gran triunfador da Copa Galicia de Cross Country Olímpico (XCO). Jorge Punzón (Cosmos) impúxose este domingo en Poio na sétima e última xornada puntuable. Xunto ao líder elite subiron ao máis alto do podio no circuíto de Samieira outros oito gañadores finais do certame autonómico. 


Campionato de España Elite en Ruta: Froiz e Cortizo subiron ao podio, Blanco foi o mellor galego





Alejandro Valverde (Movistar) proclamouse este domingo campión de España en Ruta na carreira Elite-UCI e Elite na que os tres equipos galegos participantes estiveron representados no grupo dos elixidos. Dous deles, o Supermercados Froiz e o Aluminios Cortizo, pisaron o podio da categoría Elite. 


Triplo éxito de Mila López e bronces de Iván Montero, Angel López e Luís Arceaga na Paracycling Bira





A Paracycling Bizkaiko Bira regresou ao calendario internacional como proba valedoira para a Copa de Europa e cos representantes galegos acumulando medallas nas estradas biscaíñas.

Mila López (Club Ciclista Riazor), na categoría WH4, fixo dobrete e adxudicouse a clasificación xeral. A baionesa impúxose na carreira en liña do sábado e na contra o reloxo individual do domingo. 


Barreira revalidou o título de campioa de Europa de Ultramaratón e Márquez rozou o podio





A Pedals de Foc Non Stop proclamou este sábado aos novos campións europeos de BTT Ultramaratón, coa pontenovesa María Teresa Barreira (Castropol Deporte) defendendo con éxito a súa coroa Máster-40 A tras acadar a terceira posición na clasificación absoluta e co elite vigués Brandan Márquez (Tres Lunas Quereño) finalizando cuarto na proba masculina. 


Pellón voou como un kamikaze na apertura da Copa Galicia de Descenso





O certame máis electrizante do BTT autonómico arrancou este domingo no municipio pontevedrés de Marín, onde o Club Deportivo Kamikazes organizou a primeira xornada puntuable da Copa Galicia de Descenso. Nun percorrido de dous quilómetros con inicio na Lagoa de Castiñeiras, o máster-30 Manuel Pellón rendiu tributo ao nome da entidade organizadora. O piloto do BDM Bike Club exerceu de kamikaze... do espectáculo.