Moito barro e unha importante participación estranxeira foron a nota destacada da apertura da Copa de España de ciclocrós celebrou unha dobre cita no País Vasco coas probas de Llodio e Elorrio. Nestas dúas xornadas foi a master 40 Isabel Castro (Condado) a galega máis destacada ao sumar dúas vitorias e vestir a camisola de líder na súa categoría.
Iván Feijoo (Maceda) completou unha gran carreira en Llodio ao finalizar 12º absoluto, sendo segundo sub 23 detrás do francés Antoine Benoist. En Elorrio acusaba algo o cansazo e finalizaba o 19º absoluto, sendo sétimo Sub23.