Probas Deportivas

Orde de saída do Campionato de Galicia de CRI





Xa se pode consultar a orde de saída no Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) que se disputa este venres, 17 de maio, na localidade coruñesa de As Pontes. O primeiro participante porase en marcha ás 10:00 horas e o último en entrar en liza fárao ás 14:25. 


Triple éxito do DHI galego nos rankings finais do Open de España





O Gran Premio DH El Raso – Candelada puxo o punto final o domingo ao Open de España de Descenso 2019 e tres galegos adxudicáronse os maillots de gañadores dos rankings da súa categoría. Uxía Álvarez (Coruxo) impúxose na clasificación cadete feminina, Manuel Pellón (BDM Bike) na máster-30 masculina e Estefanía Cabarcos (BDM Bike) na máster-30 feminina. Ademais, Kevin Méndez (Rocasport) subiu ao podio como terceiro clasificado Sub23 neste evento celebrado na provincia de Ávila. 


A Copa Galicia DHI desvela o seu calendario





O Descenso autonómico tamén terá neste 2019 o seu propio certame. A Copa Galicia DHI constará de tres xornadas que se porán en marcha o 30 de xuño na localidade pontevedresa de Marín co VI DH Kamikazes. 


Carla Fernández ascende á terceira posición júnior da Copa de España





A falta de dúas probas para o final da Copa de España Féminas Cofidis 2019, a viguesa Carla Fernández ocupa a terceira praza na clasificación xeral júnior. A ciclista do Río Miera - Meruela ascendeu unha posición no ránking gracias ao sétimo posto asinado o pasado sábado na  XVIII Balmasedako Emakumeen Saria.


Ouro de Cabarcos, prata de Pellón e bronce de Comesaña no Campionato de Europa DHI





Tres masters galegos experimentaron a sensación de subir a un podio continental no circuíto portugués de Pampilhosa da Serra. No Campionato de Europa de Descenso (DHI), a máster-35 Estefanía Cabarcos (BDM Bike Club) colgouse o ouro, o seu compañeiro de equipo Manuel Pellón conseguiu a prata nos máster-30A e Borja Comesaña (Tres Lunas Race) fíxose co bronce nos máster-30B. Un total de quince representantes da nosa autonomía competiron nun trazado de 2.090 metros de lonxitude.


Alexandre García atrapa en Boiro a primeira camisola de líder da Copa Galicia Cadete





Co Club Ciclista Barbanza exercendo de anfitrión, a Copa Galicia Cadete de Estrada arrancou o pasado sábado en Boiro. Para coñecer ao primeiro líder deste certame autonómico houbo que agardar ata os últimos metros, onde Alexandre García (Redondela Il Piccolo) impuxo a súa punta de velocidade nun grupo de sete corredores. 


Carlos Canal vence e Lara Lois acada a segunda praza na sentenza de Pablo Rodríguez do Open de España XCO





Por terceiro ano consecutivo Pablo Rodríguez ( Primaflor-Mondraker) acabará no máis alto da clasificación Elite do Open de España de Cross Country Olímpico (XCO) Cofidis. Na penúltima proba puntuable, o ourensán sentenciou a xeral final da categoría raíña masculina conseguindo a segunda praza en Caudete. O BTT galego festexou outros dous podios neste circuíto albaceteño: Carlos Canal (Academia Postal - Maceda) venceu na carreira júnior e Lara Lois (Extol - La Gramola Team) rematou segunda nas elites. 


A Selección de Galicia debutou no Campionato de España de Ciclismo Adaptado participando no Team Relay





Este venres deuse o pistoletazo de saída en Santa Marta de Tormes ao Campionato de España de Ciclismo Adaptado en Estrada coa disputa da proba Team Relay. Cun trío formado por Mila López, Juan Permuy e Iván Montero a Selección de Galicia ocupou a cuarta praza no circuíto salmantino. 


Inscricións abertas para o Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Elite e Sub23





A Volta O Ribeiro - Ourense Provincia Termal decidirá o domingo 19 de maio os campións de Galicia de Fondo en Estrada 2019 das categorías Elite e Sub23. Con saída e chegada en Barbantes Estación (Concello de Cenlle), os corredores percorrerán os habituais 130 quilómetros da clásica ourensá. 

Fai click neste enlace para inscribirte. O prazo remata o mércores 15 ás 22:00 horas. 

 


Saúl López irrompe na Copa Galicia XCO gañando en Ferrol





O vixente campión autonómico de Cross Country Olímpico (XCO) iniciou o seu calendario 2019 de xeito triunfal. O elite Saúl López (Academia Postal-Maceda) acadou a vitoria absoluta na carreira raíña do VIII Trofeo BTT Rallie Cidade de Ferrol. Co evento organizado polo Club Ciclista Ferrol, coincidindo un ano máis coa festividade do 1 de maio, a Copa Galicia alcanzou o seu ecuador.