Probas Deportivas

Pontevedra agarda o Campionato de España de ciclocrós





Pontevedra xa se prepara para recibir esta fin de semana aos 900 ciclistas que tomarán parte no Campionato de España de Ciclocrós que do 11 ao 13 de xaneiro disputarase no circuíto da  Illa dás Esculturas da capital do  Lerez.


FEIJOO E TRABAZO, CAMPIÓNS DE GALICIA DE CICLOCRÓS 2018





Iván Feijoo (Maceda) e Irene  Trabazo (Marin) coroáronse como Campións de Galicia de ciclocrós na carreira disputada na localidade Pontevedresa de Ciclocrós. Saúl López (Maceda) e Lucía Vázquez (Prorebordosa) tamén brillaron na cita autonómica apenas dez días antes da celebración na capital do Lérez do Campionato de España da especialidade. 


PONTEVEDRA COROARÁ AOS ÚLTIMOS CAMPIÓNS DE GALICIA DE 2018





A concelleira de Deporte de Pontevedra, Anxos Riveiro, foi a encargada de presentar o Campionato de Galicia de Ciclocrós en todas as súas categorías que se celebrará o domingo no circuíto do hipódromo de Campañó coa organización do Club Deportivo Pinarium e a Federación Galega de Ciclismo. A competición, que se desenvolverá a partir das 09.30 da mañá, acollerá unha proba de promoción e a disputa dun total de 16 títulos autonómicos que abarcan desde as categorías de cadete ata os master 60.


PRESENTADO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CICLOCRÓS PONTEVEDRA 2019





A sede do Concello de Pontevedra foi o lugar elixido para a presentación oficial do Campionato de España de Ciclocrós 2019, que se celebrará no parque Illa das Esculturas do 11 ao 13 de xaneiro. O acto contou coa presenza destacada das dúas veces Campión de España de ciclocrós sub23 e gañador do Tour de Francia, Óscar Pereiro quen exercerá de padriño do combinado galego na competición.


A Copa Galicia de ciclocrós botou o pano en terras ourensáns





A Copa Galicia chegou ao seu punto e final coa dobre cita celebrada en Ourense: o sábado coa disputa do XI Trofeo Castelo de Maceda e o domingo o primeiro Premio Estacións Vivas en Baños de Molgas. As diferentes categorías en disputa chegaron á recta final da competición coas súas clasificacións resoltas fóra das ciclistas de categoría sub23 onde a ausencia da marinense Irene Trabazo que se atopaba correndo en Bélxica, facilitou que Zaida González (Rosal) acabase logrando a camisola de líder da súa clase.


Maceda e Baños de Molgas pechan a Copa Galicia de ciclocrós





A Copa Galicia de Ciclocross rematará en Ourense este fin de semana coa celebración de dúas probas que forman parte desta competición e que se disputarán o vindeiro sábado, 22 de decembro, en Maceda, e ao día seguinte, en Baños de Molgas.


O barro de Betanzos fixo da proba dos Caimanes un gran pasatempo





Iván Feijoo (Maceda) volveu dominar con man de ferro no ciclocrós de Betanzos, proba valedoira para a Copa Galicia da especialidade. O circuito betancerio organizado polo conxunto dos Caimanes no Parque do Pasatempo, no foi rival para o ciclista ourensan que apura a súa posta a punto antes as grandes citas da tempada. Precisamente a Copa de Galicia entra na súa recta final ao restar só as citas de Maceda e Baños de Molgas os días 22 e 23 de decembro respectivamente.


Calvete (Monte Xalo) sentencia a categoría master 30 da Copa Galicia de ciclocrós a falta de tres carreiras





O terceiro ciclocrós Concello de Pontevedra abriu a particular triloxía que terá a localidade do Lérez con esta disciplina ciclista tendo en conta que o escenario de Campañó tamén se disputará o Campionato de Galicia o próximo 30 de decembro e a “Illa das Esculturas” albergará entre o 11 e o 13 de xaneiro o Campionato de España.


Feijoo (Maceda) e Trabazo (Marín) gañan na "decana" do ciclocrós galego





O Ciclocrós de Boiro, a proba decana do ciclocrós en Galicia non defrauda e nas súas 32 edicións contou sempre coa valoración positiva por parte do pelotón que acode masivamente a esta cita. Neste 2018 non ia a ser menos e tamén a climatoloxía respectou o traballo realizado polo Club Ciclista Barbanza no circuito de Praia Xardín donde puidéronse ver emocionantes carreiras en todas as categorías.


O master Guillermo Álvarez (Condado) defendeu con éxito ao pavillón galego no Mundial de Mol





O ciclista galego Guillermo Álvarez (Condado Bike) pechou a súa participación no mundial de ciclocrós master cun meritorio 16º posto entre máis de medio centenar de aspirantes na categoría de 40 a 44 anos. Álvarez saíu motivado lucindo o dorsal número 1 desde a primeira liña e puido aguantar no grupo de cabeza os primeiros compases. Con todo, o empuxe dos representantes franceses e británicos foi relegando ata o posto final.