Novas

Pésame polo falecemento da nai do árbitro Iago Raposo





A Federación Galega de Ciclismo quere expresar as súas máis profundas condolencias ao árbitro Iago Raposo polo falecemento da súa nai María del Carmen Mera. Os seus restos mortais descansan na sala 4 do Tanatorio de Boisaca (Santiago).

D.E:P.

Tema: 

Vídeo: Resumo do Campionato de Galicia de Ciclocrós 2019





Fai click nesta ligazón para ver o resumo emitido pola TVG2 do Campionato de Galicia de Ciclocrós 2019 celebrado no Porriño.


Iván Feijoo, top-10 na Copa do Mundo de Nommay





O alaricano Iván Feijoo (Nesta-Skoda Alecar) asinou o seu primeiro top-10 como sub-23 nunha proba da Copa do Mundo este domingo en Nommay (Francia). Unha semana despois de revalidar o seu título de campión de España, o ourensán sufriu unha caída nos compases iniciais e protagonizou unha espectacular remonta que o levou ata a décima posición final.


Vídeo: Resumo do Campionato de España de Ciclocrós 2020





Fai click nesta ligazón para ver o resumo emitido en Teledeporte do Campionato de España de Ciclocrós 2020 celebrado en Pontevedra.

Tema: 

Condolencias pola morte de Agustín Ares Pérez





A Federación Galega de Ciclismo expresa o seu máis sentido pésame polo falecemento de Agustín Ares Pérez, socio fundador do Club Ciclista Betanzos, membro da súa primeira directiva e pai do director deportivo Tino Ares. A FGC envía as súas condolencias e unha cariñosa aperta para os seus familiares, amigos e a todos os membros do club betanceiro. 

D.E.P.

Tema: