Reunión da FGC ca Associação de Ciclismo do Minho





Esta semana, a Federación Galega de Ciclismo (FGC), representada polo seu presidente, Juan Carlos Muñiz e o seu técnico, Guillermo Sande mantiveron unha reunión con Jose Luís Ribeiro, presidente e Nuno Lopes, secretario técnico, da Associação de Ciclismo do Minho, os responsables da Empresa Municipal de Melgaço, Igor Moreira e Jorge Domingues e o concelleiro de Deportes de Melgaço, José  Adriano Lima.
O encontro serviu para establecer un convenio para a creación dun Trofeo Miño-Galaico nas disciplinas de Escolas, cadetes e juniors, BTT- XCO, BTT- DHI e CX coordinando un calendario entre ambas entidades.