Reunión de BTT-DHI o 20 de marzo





Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo convoca a todos os clubs, directivos, directores e corredores a unha reunión que terá lugar o mércores 20 de marzo ás 20,00 horas na sede da Federación, sita na Casa do Deporte, rua Fotógrafo Luís Ksado nº 17 de Vigo.

Os puntos para tratar na reunión de DHI son:

- Calendario 2019

- Normativa Técnica FGC

- Protocolo de seguridade en carreira

As persoas interesadas que non poidan desprazarse poderán conectarse á reunión mediante medios telemáticos, para iso, deberán poñerse en contacto connosco no seguinte correo: fgaciclismo@gmail.com