Reunión Técnica de BTT-XCM





Dentro das xornadas técnicas programadas para a valoración da temporada 2019 e programación de cara o 2020, a Federación Galega de Ciclismo convoca a todos os clubes interesados a unha reunión de BTT-XCM que terá lugar o sábado 23 de novembro ás 13:00 horas no Hotel Congreso (Teo).

Ese mesmo día, e tamén no Hotel Congreso, celebraranse as reunións de Estrada (todas as categorías) ás 10:00 horas e Mini BTT ás 17:00.

As persoas interesadas que non poidan desprazarse poderán conectarse as reunións a través de medios telemáticos, para iso, deberán poñerse en contacto connosco enviando un correo a federacion@fgalegaciclismo.es