As Reunións Técnicas comezan este mércores coa de Mini DH e BTT-DH





Tema: 

Co fin de facer balance da temporada 2019 e presentar propostas de cara o ano 2020, a Federación Galega de Ciclismo programa para o mes de novembro as seguintes reunións técnicas de Estrada e BTT:

Reunión de Mini DH e BTT-DH: Mércores, 6 de novembro - 20.30h a 22.30h - Casa do Deporte (Sede FGC), Vigo

Reunión de clubes organizadores de BTT-Enduro:  Luns, 11 de novembro - 20.30h a 22.30h - Casa do Deporte (Sede FGC), Vigo  

Reunión de Estrada (todas as categorías) 10.00h e Reunión de Mini BTT 17.00h: Sábado, 23 de novembro - Hotel Congreso, Teo

As persoas interesadas que non poidan desprazarse poderán conectarse as reunións a través de medios telemáticos, para iso, deberán poñerse en contacto connosco enviando un correo a federacion@fgalegaciclismo.es