Reunións Técnicas este sábado no Hotel Congreso





Tema: 

As xornadas técnicas programadas para a valoración da temporada 2019 e programación de cara o 2020 conclúen este sábado 23 de novembro. A Federación Galega de Ciclismo convoca a todos os clubs interesados a unha triple xuntanza que terá lugar no Hotel Congreso (Teo).

A primeira reunión será a de Estrada, que comezará ás 10:00 horas, e abordaranse todas as categorías, dende escolas ata masters.

A partir das 13:00 chegará a quenda do BTT-XCM, mentres que o Mini BTT pechará a xornada ás 17:00.

As persoas interesadas que non poidan desprazarse poderán conectarse ás reunións a través de medios telemáticos, para iso, deberán poñerse en contacto connosco enviando un correo a federacion@fgalegaciclismo.es