Rodríguez conclúe 45º no Mundial de Mont-Sainte-Anne





Unha adversa saída lastrou este sábado a actuación de Pablo Rodríguez na carreira Elite do Mundial de Cross Country Olímpico (XCO) en Mont-Sainte-Anne (Canadá). O macedán, que na grella inicial partía dende as posicións traseiras, perdeu numerosas prazas ao ter que frear nos primeiros metros para evitar unha caída. Finalmente, cruzou a liña de meta na 45ª posición. 

Entre os bikers da selección española Rodríguez ocupou a terceira praza, por detrás de David Valero (26º) e Carlos Coloma (29º), mentres que Sergio Mantecón abandonou. 

O suizo Nino Schurter acadou o seu oitavo título mundial e no podio estivo escoltado polo seu compatriota Flueckiger e polo francés Tempier, segundo e terceiro respectivamente. 

O júnior Carlos Canal, o outro representante galego convocado por España para esta cita, viuse obrigado a renunciar ao Mundial por mor dunha infección respiratoria e xa non viaxou a terras canadenses. 

Máis información