Saídas guiadas para coñecer os centros BTT Galicia





Tema: 

Xa podes apuntarte ás visitas guiadas organizadas por BTT Galicia para que coñezas todas as posibilidades dos nosos centros para bicicletas todo terreo. Durante catro fins de semana, os afeccionados á BTT terán a posibilidade de inscribirse nesta ruta BTT limitada a 40 persoas por evento que lles dará a posibilidade de coñecer as rutas do Salnés, A Ribeira Sacra, o Parque Natural Serra do Xurés e o territorio de Portas de Galicia. A inscrición será gratuíta e os interesados poderán inscribirse na plataforma online: http://www.magmasports.es/spa/eventos.php

As rutas terán unha dificultade media e terán unha lonxitude aproximada de 35km.

Ao finalizar a ruta, habilitaranse duchas para os participantes, puntos de lavado para as súas bicicletas e ofrecerase un pequeno aperitivo.

Datas:

25 de xuño Centro BTT O Salnés
2 de xullo Centro BTT Ribeira Sacra
23 de xullo Centro BTT Serra do Xurés
30 de xullo Centro BTT Portas de Galicia