Sandra Moral resistiu xunto ás máis fortes ata a subida final do Campionato de España





A Selección de Galicia contou cunha representante no grupo de cabeza que se xogou a vitoria no Campionato de España feminino de estrada disputado esta tarde en Soria. Sandra Moral rodou xunto ás máis fortes ata a subida final á Cuesta de la Dehesa Serrana. A elite do Cidade de Lugo - Esturión acabou na 21ª praza tras ceder 52" segundos respecto á gañadora Sheyla Gutiérrez (Cylance).

Os 105 quilómetros desta proba para elites e sub23 trasncurriron pola zona de El Valle antes de adentrarse no circuíto da capital soriana ao que as ciclistas deron dúas voltas. O pelotón composto por 74 unidades foi reducíndose co paso dos quilómetros e unha vintena de corredoras, con Moral entre elas, alcanzaron xuntas os derradeiros dous quilómetros. O ritmo que marcaron Gutiérrez, García (Bizkaia) e Santesteban (Euskadi) esnaquizou o grupo, con triunfo para a representante do Cylance cun tempo de 03:04:18.

Ao resultado obtido pola marinense do Cidade de Lugo - Esturión, hai que engadir a 35ª posición da sub23 Paula Sanmartín. A viguesa do Bioracer Elmet rematou a 3:23 da primeira clasificada. Pola súa banda, María José Gómez non gozou das súas mellores sensacións e a elite do Cambre - Caeiro tivo que abandonar.

Clasificación