A secretaria xeral para o Deporte despediu á Selección de Galicia camiño do Campionato de España de Ciclocross





Modalidades: 

A Selección de Galicia puxo este xoves rumbo á localidade guipuscoana Legazpi, onde  este venres comeza o Campionato de España Loterías de Ciclocross, e antes de abandonar o territorio autonómico mantivo un encontro en Xinzo de Limia con Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A máxima representante do deporte galego estivo acompañada por Manuel Pérez González, coordinador de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Ourense. As autoridades desexáronlle sorte á expedición que forman dezanoves corredores, técnicos, auxiliares e directivos da Federación Galega de Ciclismo.