Seguros e protocolos de actuación no caso de accidente deportivo para a temporada 2020





Tema: 

Con motivo do comezo da nova temporada, informamos das novas pólizas e protocolos de actuación dos seguros de accidentes que darán cobertura aos federados durante o 2020.

Os dous números de teléfono de urxencias figuran no reverso da licenza

- Seguro de accidentes de menores de 6 anos e maiores de 16 anos.

A cobertura ofrecera a compañía AXA (nova). A asistencia médica sanitaria préstese nun prazo máximo de 72 horas posteriores á ocorrencia do accidente deportivo. Antes de dita asistencia, o accidente deberá ser comunicado a ITEGRA www.itegra.es e pódense utilizar dúas vías de comunicación:

1. O federado pode darse de alta por si mesmo.

2. Pode utilizar o servizo de Atención ao Cliente de ITEGRA: 646897967 24h de luns a domingo. 

- Seguro de Xogade (de 6 a 16 anos).

É  o mesmo que no 2019. A vía máis recomendable é cubrir a comunicación de accidente en https://partsport.mgc.es/ e agardar a que nos chamen para indicarnos a que centro debemos acudir (tamén poden cubrilo telefonicamente no 619 818 737 ou no 902 888 989).

- Compañía de seguros de RC

Zúrich con nº de póliza 101708956, volve ser a compañía que dará a cobertura de responsabilidade civil aos federados nesta temporada.

Para máis información, poden consultar en Accidente Deportivo da nosa web