A Selección de Galicia cadete inicia este venres a súa participación na VI Txuma Internacional





Este venres celébrase a primeira etapa da sexta edición da Txuma de Cadetes: Erandio - Erandio, de 61,5 quilómetros. A proba, organizada pola Sociedade Elkar Kirolak ten carácter internacional e nela danse cita os mellores ciclistas da categoría. Tomarán a saída 30 equipos entre os que se atopan os mellores do País Vasco, as mellores formacións do resto do estado, o Pedal Sport CC Composite do Reino Unido, o Lyon Sprint Evolution de Francia e cinco seleccións autonómicas: Navarra, Asturias, Aragón, Cantabria e Galicia. 

Os seis compoñentes do combinado galego son Miguel Ángel Mera (Cortizo - Anova), Daniel Sanín (Compostelano), Diego Rodríguez (Cambre - Caeiro), Brais Gómez (Ponteareas), Rubén Durán (Carballo a un Paso) e Adrián López (Compostelano) 

A primeira das tres etapas comezará ás 18:30. ERANDIO-ERANDIO 61,5 km en liña. A subida de Arriagas en Erandio marcará as diferenzas e ademais sóbese dúas veces a Unbe desde Loiu ata o cruzamento de Akarlanda.

O sábado ás 11:30, BERANGO-BERANGO de 57,6 km.  Aetapa de sempre cunha subida a Unbe (P.M.) completa e  as tradicionais voltas ao circuíto de Berango.

O domingo desde ás 11:30 disputarase a última xornada. ERANDIO GOIKOA-ERANDIO GOIKOA, 62 km. Os tradicionais oitos de La Campa Erandio, co PM no Hospital Quiron e as MV en Erandio ao paso pola ría.

Fonte: Biciciclismo