A Selección de Galicia disputou en Sax a primeira proba do Trofeo Federación





Sobre un percorrido de 113 quilómetros o Trofeo Federación 2019 abriuse este sábado en Sax (Alacante) coa celebración do 56º Trofeo Joaquín Barceló. A Selección de Galicia Júnior cruzou a Península para participar nesta cita con seis corredores. 

O mellor clasificado do combinado autonómico foi Manuel Sampedro, 30º a 30 segundos do gañador en solitario Martín Gil (Giménez Ganga). A menos dun minuto do vencedor remataron outros dous ciclistas da selección dirixida por Guillermo Sande: Manuel Rodríguez (47º) fíxoo a 53" e Brais Gómez (51º) finalizou a 59". Este último, ademais, acadou a terceira posición na Montaña. 

Na táboa por equipos a Selección de Galicia asinou a undécima praza. A segunda e derradeira cita do Trofeo Federación será o Memorial Ángel Lozano, que se disputará o vindeiro domingo en Valladolid.