A Selección de Galicia Júnior disputa este domingo a Gipuzkoa Klasika con seis corredores





Ivan Dias, Jorge Suárez, César Pico, Brais Gómez, Martín Soutullo e Uxío San Martín tomarán a saída este domingo (10:30 horas) na Gipuzkoa Klasika defendendo as cores da Selección de Galicia Júnior. O combinado que dirixe Guillermo Sande afronta en terras vascas a súa segunda fin de semana de competición do ano despois de ter participado hai quince días na CRE de La Cistérniga e no Trofeo Federación en Valladolid. 

A XXIV edición da Gipuzkoa Klasika consta de 108,5 quilómetros, que inclúen tres voltas ao circuíto Azpeitia- Iraeta- Arroa Goikoa- Azpeitia. Ao remate da segunda e da terceira afrontaranse as dúas ascensións inéditas que atopou o club organizador, Lagun Onak.

A primeira destas subidas ten unha lonxitude de 1.200 metros e o seu premio da montaña está situado no kilómetro 56. A segunda é máis longa, de 4 kilómetros, e coroase a 7 km para o final.

Os 180 corredores inscritos nesta proba, que xa non é puntuable para o Trofeo Federación, repártense en seis seleccións (Galicia, Portugal, Araba, Navarra, Bizkaia e Pyrenées Atlantiques), doce formacións guipuscoanas e once do resto de España. 

No palmarés desta clásica destacan vencedores como Alejandro Valverde (1997), Jesús Herrada (2008) e máis recentemente Fernando Barceló (2014).

Foto: Santi Miñarro