A Selección de Galicia Júnior pechou o Trofeo Federación na Gipuzkoa Klasika





Novena posición na clasificacións de seleccións, e decimosexta na de equipos, para Galicia na XXXIII Gipuzkoa Klasika, segunda e última proba puntuable do Trofeo Federación 2017 para corredores juniors.

Guillermo García foi o primeiro representante do combinado galego en cruzar a liña de meta despois de 120 quilómetros de percorrido. Fíxoo na 30ª posición a 2 minutos e 26 segundos do gañador Unai Iribar (Euskadi). Roi Domínguez e Guillermo Mallo tamén remataron esta clásica, no 55º e no 67º posto respectivamente.

O triunfo tanto na táboa de seleccións autonómicas como na de equipos correspondeulle a Euskadi na Gipuzkoa Klasika, mentres que Murcia venceu na xeral final do Trofeo Federación. 

Foto: Unai Demi

Documentos: