A Selección de Galicia quedouse a un paso das medallas no Team Relay do Campionato de España





A Selección de Galicia iniciou este venres a súa participación nos Campionatos de España de Cofrentes (Valencia) con un cuarto posto na proba Team Relay. O combinado autonómico formado por Samuel González, Manuel Parada, Irene Trabazo e Iván Feijoo rematou a 1:38 da medalla de bronce obtida por Andalucía. A vitoria acadouna de xeito inapelable Catalunya e coa segunda posición fíxose a Comunidade Valenciana. 

Samuel González foi o encargado de arrancar a proba por parte galega. O sub23 rematou terceiro con 14:03, a 43" do representante catalán e a 13" do andaluz. A continuación entrou en escena o elite Manuel Parada, que mantivo a terceira praza despois de completar a súa volta cun rexistro de 14:30. Catalaunya ampliou a súa marxe ata 1'45", mentres que a desvantaxe con Andalucía era de 15" e a diferencia favorable coa Comunidade Valenciana, que rodaba cuarta, situábase en 45".

Na terceira remuda as mulleres asumiron o protagonismo en case todos os equipos. A sub23 Irene Trabazo, que invertiu un tempo de 19:00, foi adiantada pola local Elena Lloret. Galicia iniciou a última volta a 1:10 dos postos de podio e co júnior Iván Feijoo en acción non puido desbancar deles nin aos valencianos, nin aos andaluces. A marca do último membro do equipo galego, 13:57, foi a sétima mellor de todos os participantes. 

Clasificación