A selección española convoca a Alejandro Regueiro para disputar a Vuelta a Madrid





O seleccionador español Elite e Sub23 Pascual Momparler deu a coñecer a lista de corredores que disputarán desde este venres, día 5 de maio, ata o domingo 7 a Vuelta a Madrid 2017. Entre os elixidos atópase Alejandro Regueiro, ciclista do Supermercados Froiz. 

O sub23 santiagués compartirá equipo con Juanjo Lobato (LottoNL-Jumbo),  Sergio Vega (Unieuro Trevigiani), Biel Pons (Escribano Sport Team), Urko Berrade (Lizarte), Bernat Font (GSport Valencia), Eusebio Pascual ( Mutua Levante) e Txomin Juaristi (Cafés Baqué-BH).

A rolda madrileña contará co Movistar Team como único World Tour. Xunto aos navarros estarán os outros tres equipos españois, Caja Rural-Seguros RGA, Euskadi Country Basque-Murias e Burgos-BH, e os conxuntos foráneos Manzana Postobón e Medellín Inder (Colombia), Kuwait Cartucho.es (Kuwait), Equipo Bolivia (Bolivia), Lokosphinx (Rusia), RP-Boavista e W52-FC Porto (Portugal), Team Sapura Cycling (Malasia) e Dare Viator Partizán (Serbia).

A primeira etapa, con saída e chegada en Las Rozas e 145 kilómetros de percorrido, será a máis selectiva, xa que transcorre pola Sierra madrileña, pasando polos altos de montaña de Galapagar (3ª), El León (2ª), Los Ángeles de San Rafael (3ª), Navacerrada (1ª) e La Serranilla (3ª).

Ao día siguiente, segunda etapa en Valdemoro, de 148,5 kms, cun perfil menos complicado, malia a presenza dos altos de Los Molinos (3ª) e Pinar de Villamanrique (3ª). A volta terminará el domingo cun circuíto urbano no emblemático paseo da Castellana madrileño, con 100 kilómetros de percorrido total.