A selección española convoca a Pablo Rodríguez e Carlos Canal para o Europeo de Brno





Dous ourensáns defenderán a camisola de España esta semana no Campionato de Europa XCO/XCE/TR de Brno (República Checa), que se disputa dende o xoves ata o domingo. O elite Pablo Rodríguez e o júnior Carlos Canal aparecen na convocatoria do combinado estatal dirixido por Cristóbal Sánchez.

O macedano Rodríguez (Primaflor) compartirá equipo con David Valero, Carlos Coloma e Sergio Mantecón na proba raíña masculina que se celebrará o domingo ás 15:00 horas. 

O día anterior, Canal será a referencia española na competición júnior. O de Xinzo de Limia buscará, dende as 12:00 horas, un éxito máis na súa espectacular temporada. Campión estatal o pasado domingo en Arguellas, o biker do Academia Postal-Maceda impúxose este ano na proba de Marsella das UCI Juniors Series, así como na carreira de Banyoles e nas catro do Open de España XCO Cofidis. 

 

Máis información