A Selección Galicia participa con seis handbikers nos Campionatos de España de ciclismo adaptado





Desde este venres a provincia de Málaga acollerá os Campionatos de España de ciclismo adaptado en estrada, unha cita que será histórica para o ciclismo galego. Seis handbikers  lucirán as cores da súa selección, unha cifra nunca antes alcanzada. 

A baionesa Mila López participará na categoría WH4, na que é a actual líder da Copa de España. Pola súa parte, o quintento masculino estará composto por Alejandro Ferradas e Ángel López (MH2), Miguel Ángel Alonso (MH3), Álvaro Illobre (MH4) e Iván Manoel Montero (MH5).

O programa de competición arrancará o venres coa proba de relevos por equipos a partir das 17:30 horas na capital da provincia malagueña. O sábado chegará a quenda en Cartama, ás 16:00 horas, para as contrarreloxos de todas as categorías. Finalmente, o domingo celebraranse desde as 09:00 horas en Alhaurín de la Torre as carreiras en liña.

Máis información facendo click aquí