Seleccións

Rodríguez conclúe 45º no Mundial de Mont-Sainte-Anne





Unha adversa saída lastrou este sábado a actuación de Pablo Rodríguez na carreira Elite do Mundial de Cross Country Olímpico (XCO) en Mont-Sainte-Anne (Canadá). O macedán, que na grella inicial partía dende as posicións traseiras, perdeu numerosas prazas ao ter que frear nos primeiros metros para evitar unha caída. Finalmente, cruzou a liña de meta na 45ª posición. 

Entre os bikers da selección española Rodríguez ocupou a terceira praza, por detrás de David Valero (26º) e Carlos Coloma (29º), mentres que Sergio Mantecón abandonou. 


A Selección de Galicia pecha con boa nota a Vuelta Ciclista Júnior Ribera del Duero





Raúl Casalderrey formou parte este domingo da fuga do día na Vuelta Ciclista Júnior Ribera del Duero, unha rolda de catro días na que a Selección de Galicia completou unha destacada actuación. Ocupando a sétima praza por equipos, o mellor representante do combinado autonómico na xeral final foi Manuel Rodríguez (13º). O galego Miguel Ángel Mera (MMR Academy) obtivo o terceiro posto na última xornada. 


A Selección de Galicia aproveita a crono individual para ascender na táboa por equipos da Vuelta Júnior Ribera del Duero





Con vento e moita calor disputouse este sábado a contra o reloxo individual da Vuelta Ciclista Júnior Ribera del Duero. Sobre un percorrido de 7,8 quilómetros, Manuel Rodríguez foi o representante máis rápido da Selección de Galicia marcando o 27º mellor tempo. Na xeral ocupa agora a 14ª posición, mentres que o combinado autonómico ascende dous postos e colócase sexto na táboa por equipos a falta dunha etapa.


Brais Gómez logra o oitavo posto na segunda xornada da Vuelta Ciclista Júnior Ribera del Duero





A Selección de Galicia segue colleitando resultados destacados na Vuelta Ciclista Júnior Ribera del Duero. Este venres Brais Gómez rematou oitavo na chegada a San Esteban de Gormaz e co seu mesmo tempo, a 38 segundos do gañador Carlos Rodríguez (Kometa), cruzou a liña de meta Manuel Rodríguez, que na xeral ascende á decima praza. 


Manuel Rodríguez, entre os máis fortes na primeira etapa da Vuelta Ciclista Júnior Ribera del Duero





Cun percorrido de 81,1 quilómetros púxose marcha este xoves a IV Vuelta Ciclista Júnior Riberas del Duero. No final no Castillo Curiel a Selección de Galicia contou cun representante no grupo dos máis fortes. Manuel Rodríguez rematou 13º a 8 segundos do gañador Casper Van Unden (Acro Pauwels).


Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España XCM





O domingo 8 de setembro poranse en xogo os títulos estatais de Cross Country Maratón (XCM) no X Maratón BTT Sierra de Cazorla. A Selección de Galicia acudirá a terras xienenses con dez bikers. Os convocados polo combinado autonómico son:

 

SUB 23

ESTEFAN GONZÁLEZ EXPÓSITO (BURGAS BIKE TEAM, C.C.)

 

ELITE FEMININA

LARA LOIS GARCÍA (EXTOL-LA GRAMOLA TEAM, C.D.)

SUSANA ALONSO CARBALLO (TRES LUNAS QUEREÑO, C.D.)

 

ELITE

BRANDAN MÁRQUEZ FERNÁNDEZ (TRES LUNAS QUEREÑO, C.D.)


Convocatoria da Selección de Galicia para a Vuelta Ciclista Júnior Ribera del Duero





Desde este mércores 22 ata o sábado 25 a Selección de Galicia disputará na provincia de Burgos a Vuelta Ciclista Júnior Ribera del Duero. O combinado autonómico contará cun equipo formado por seis corredores.

Os ciclistas citados polo seleccionador Guillermo Sande son:

Gianni Iannneli Álvarez                    Redondela

Brais Gómez Cima                            Ponteareas


Miguel Ángel Mera e Carla Fernández remataron entre os dez primeiros nas carreiras en liña do Campionato de España Júnior





Os Campionatos de España Júnior e Máster de estrada 2019 despedíronse este luns na localidade asturiana de Pravia coas carreiras en liña dos juniors masculinos e das juniors e mulleres masters. A Selección de Galicia presentou a once ciclistas e nas dúas probas contou con representación no Top-10. Carla Fernández e Miguel Ángel Mera asinaron un resultado idéntico, ambos ocuparon a décima posición nas clasificacións


Carla Fernández, novena na contra o reloxo dos Campionatos de España





Non houbo medallas na xornada deste domingo reservada ás contra o reloxos no Campionato de España Júnior e Máster, pero si representación autonómica no Top-10 de varias categorías. Na localidade asturiana de San Román de Candamo, Carla Fernández obtivo a novena posición entre as juniors competindo coas cores da Selección de Galicia, Justo González (MTC) rematou cuarto nos Máster-30B, Jose Riol (Orensano) clasificouse cuarto nos Máster-50B e Mónica Alarcón (Arcadecycles) finalizou cuarta nas Máster-40A. 


Pablo Rodríguez e Carlos Canal, convocados para o Mundial de Canadá





A estación de esquí canadense de Mont- Saint-Anne acollerá do 28 de agosto ao 1 de setembro os Campionatos do Mundo de Mountain Bike, aos que a Selección Española acudirá cun total de 17 corredores, que participarán nas modalidades de XCO e Descenso. Dous dos representantes do combinado estatal serán galegos.