Seleccións

Iván Feijoo, Pablo Rodríguez e Isabel Castro subiron ao podio na última xornada dos Campionatos de España





Tres corredores galegos obtiveron medalla nas probas de cross country olímpico (XCO) durante a última xornada dos Campionatos de España celebrados na localidade valenciana de Cofrentes. Iván Feijoo fíxose co bronce na carreira júnior defendendo as cores da Selección de Galicia, Pablo Rodríguez (MMR Bikes) acadou a prata na competición elite e Isabel Castro (Condado Bike) proclamouse campioa máster-40B.


Miguel Ángel Mera adxudicouse a Txuma cadete liderando á Selección de Galicia





Triunfo de prestixio para o ciclismo galego en terras vascas. Miguel Ángel Mera impúxose na clasificación xeral da sexta edición da Txuma cadete. O representante da Selección de Galicia chegou á ultima etapa vestido de amarelo e defendeu con éxito a súa mínima renda de 1 segundo de vantaxe na xeral ao ocupar a segunda posición na liña de meta de Erandio Goikoa


Manuel Parada alcanzou as semifinais do Campionato de España eliminator





"O resultado foi inesperado", asegurou Manuel Ángel Parada despois de participar este sábado no eliminator (XCE) dos Campionatos de España que se están a celebrar en Cofrentes (Valencia). O ribeirense alcanzou as semifinais dunha competición na que tomaron a saída 41 corredores. Samuel González, o outro representante da Selección de Galicia, quedou apeado nos cuartos de final tras ter disputado pola mañá a carreira sub23 de XCO, na que rematou cuarto. 


A Selección de Galicia sumou outros dous cuartos postos nos Campionatos de España con Samuel González e Alejandro Trasbach





Os corredores da Selección de Galicia comezaron os Campionatos de España de Cofrentes abonados aos cuartos postos. A un paso do bronce quedou na primeira xornada o equipo de team relay e esa mesma situación repetiuse en dúas ocasións este sábado en terras valencianas. Samuel González rematou cuarto a carreira sub23 de XCO  e Alejandro Trasbach fixo o propio na máster-40A.


Durán foi neutralizado nos últimos metros e Mera repetiu segundo posto na 2ª xornada da Txuma cadete





A Selección de Galicia volveu acariciar a vitoria parcial na segunda etapa da Txuma cadete. Rubén Durán finalizou quinto tras chegar escapado aos últimos metros onde foi neutralizado polo grupo principal no que Miguel Ángel Mera rematou segundo, o mesmo posto que ocupara na xornada anterior. O ciclista do Cortizo - Anova  sitúase líder da Regularidade e na xeral marcha terceiro.


Miguel Ángel Mera obtén a segunda praza na primeira etapa da Txuma cadete





A primeira xornada da VI Txuma cadete resolveuse ao sprint e a Selección de Galicia rozou a vitoria. Miguel Ángel Mera ocupou a segunda posición nos 61,5 quilómetros con saída e chegada en Erandio. O máis rápido nesta chegada masiva foi Lander Lartitegi (Basati).

O corredor galego do Cortizo - Anova acadou 6 segundos de bonificación na liña , o que o sitúa na xeral a 4" do vencedor da xornada. No grupo principal tamén entraron Rubén Durán (44º) e Brais Gómez (54º).


A Selección de Galicia quedouse a un paso das medallas no Team Relay do Campionato de España





A Selección de Galicia iniciou este venres a súa participación nos Campionatos de España de Cofrentes (Valencia) con un cuarto posto na proba Team Relay. O combinado autonómico formado por Samuel González, Manuel Parada, Irene Trabazo e Iván Feijoo rematou a 1:38 da medalla de bronce obtida por Andalucía. A vitoria acadouna de xeito inapelable Catalunya e coa segunda posición fíxose a Comunidade Valenciana. 


A Selección de Galicia cadete inicia este venres a súa participación na VI Txuma Internacional





Este venres celébrase a primeira etapa da sexta edición da Txuma de Cadetes: Erandio - Erandio, de 61,5 quilómetros. A proba, organizada pola Sociedade Elkar Kirolak ten carácter internacional e nela danse cita os mellores ciclistas da categoría. Tomarán a saída 30 equipos entre os que se atopan os mellores do País Vasco, as mellores formacións do resto do estado, o Pedal Sport CC Composite do Reino Unido, o Lyon Sprint Evolution de Francia e cinco seleccións autonómicas: Navarra, Asturias, Aragón, Cantabria e Galicia. 


Previa da Selección de Galicia TR, XCE e XCO para os Campionatos de España de Cofrentes





Este venres póñense en marcha en Cofrentes (Valencia) os Campionatos de España de BTT nas súas disciplinas de cross country olímpico (XCO), eliminator (XCE) e team relay. A Selección de Galicia viaxa a esta cita con varias opcións firmes de medalla. O ano pasado, no inesquecible campionato que tivo como escenario Maceda, o combinado autonómico acumulara catro presenzas no podio.


Convocatoria da Selección de Galicia TR, XCE e XCO para os Campionatos de España de Cofrentes





Junior masculino

Iván Feijoo Alberte (C.C. Maceda)

Adrián Barros Rodríguez (Coruxo C.C.)

 

Junior feminino

Alba Arias García (Arteixo-MB3 C.C)

Sara García Vila (Del Mar de Mugardos C.)

 

Sub 23 masculino

Samuel González Carrera (Salvaterra de Miño C.C.)

 

Sub 23 feminino

Irene Trabazo Bragado (Marín C.C.)

 

Elite

Manuel Ángel Parada Folgar (Barbanzabike C.)

Saúl López Álvarez (C.C. Maceda)