Seleccións

Convocatoria da Selección de Galicia cadete para a Txuma 2017





Os corredores cadetes convocados pola Federación Galega de Ciclismo para disputar dende este venres 21 ata o domingo 23 a Txuma 2017 son:

 

Miguel Ángel Mera (Cortizo - Anova)

Daniel Sanín Sánchez (Compostelano)

Diego Rodríguez Vilariño (Cambre - Caeiro)

Brais Gómez Cima (Ponteareas)

Rubén Durán Frais (Carballo a un Paso)

Adrián López Munín (Compostelano) 


A Selección de Galicia pechou os Campionatos de España de Idade Escolar con Fernández e Mera nos Top-10 das probas cadetes en liña





Con tres medallas, un ouro e dous bronces, a Selección de Galicia regresou da súa participacións nos Campionatos de España de Idade Escolar celebrados en Ávila. Na última xornada disputáronse as carreiras cadetes en liña, e Miguel Ángel Mera e Carla Fernández quedáronse preto de repetir a presenza no podio que tiveron nas probas de contrarreloxo individual. 


A Selección de Galicia colleitou un ouro e dous bronces na primeira xornada dos Campionatos de España de Idade Escolar





Carla Fernández proclamouse campioa de España cadete de contrarreloxo individual na primeira xornada dos campionatos estatais de Idade Escolar. A corredora do Marín - Ottoman non foi a única representante da Selección de Galicia que subiu ao podio este sábado en Ávila. O equipo feminino cadete de BTT colgouse o bronce e Miguel Ángel Mera acadou a mesma medalla na contrarreloxo cadete. Este balance do combinado autónomico puide ser maior de non ser por unha avaría mecánica que impediu a vitoria do biker Carlos Canal cando encabezaba con solvencia a carreira cadete. 


A Selección de Galicia acode con 26 ciclistas ó Campionato de España de Idade Escolar de Ávila





Desde este próximo venres e ata o domingo Ávila acolle os Campionatos de España de ciclismo de Idade Escolar. A esta cita, na que se disputan probas tanto de estrada como de BTT, a Selección de Galicia desprazará a 26 corredores de categoría infantil e cadete. A referencia para o combinado autonómico son as catro medallas acadadas o pasado ano en Mérida.


Europeo de Ultramaratón: Márquez remontou ata a cuarta praza e Barreira impúxose nas masters





A duodécima edición da Pedals del Foc Non Stop exerceu de primeiro Campionato de Europa de Ultramaratón e dous bikers galegos deixaron o seu selo entre os mellores. O elite Brandan Marquez, coas cores da selección española, asinou unha espectacular remonta despois dun inicio ateigado de problemas mecánicos e rematou cuarto. Tamén no top-5, neste caso quinta, finalizou  Teresa Barreira na clasificación absoluta feminina e a corredora do Castropol Deporte foi a primeira e única muller máster en cruzar a liña de meta. 


Brandan Márquez e Marco Veiga compiten esta fin de semana coa selección española





Dous bikers galegos defenderán esta fin de semana as cores de selección española. Co combinado estatal Brandan Márquez disputará o primeiro Europeo de BTT Ultramaratón na Pedals de Foc Non Stop e Marcos Veiga a Copa do Mundo DHI de Vallnord. 

A duodécima Pedals de Foc Non Stop non presenta grandes novidades respecto das edicións precedentes, salvo ese carácter continental: son 213 quilómetros, con 6.200 metros de desnivel positivo con saída e chegada en Vielha, no Val de Aran (Lleida). 


Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de Ciclismo Escolar





Corredores seleccionados para os Campionatos de España de Ciclismo Escolar que se celebrarán do 7 ao 9 de xullo en Ávila:

DIEGO RODRIGUEZ VILARIÑO                                                 CAMBRE                                         CADETE


Sandra Moral resistiu xunto ás máis fortes ata a subida final do Campionato de España





A Selección de Galicia contou cunha representante no grupo de cabeza que se xogou a vitoria no Campionato de España feminino de estrada disputado esta tarde en Soria. Sandra Moral rodou xunto ás máis fortes ata a subida final á Cuesta de la Dehesa Serrana. A elite do Cidade de Lugo - Esturión acabou na 21ª praza tras ceder 52" segundos respecto á gañadora Sheyla Gutiérrez (Cylance).


Cristian Mota, decimoquinto e mellor galego na carreira en liña sub23 do Campionato de España





Na segunda xornada dos Campionatos de España de estrada que se están a celebrar en Soria, a Selección de Galicia non puido estar na loita polas medallas na proba en liña sub23. Despois do bronce acadado o día anterior na contrarreloxo con Martín Bouzas, esta vez o mellor clasificado do combinado autonómico foi Cristian Mota. O ponteareán do Aldro Team cruzou a liña de meta na decimoquinta praza, a 1:03 do novo campión estatal Isaac Cantón (Castilla La Mancha).


Martín Bouzas outorga o bronce á Selección de Galicia na contrarreloxo sub23 dos Campionatos de España





Arrancaron esta mañá os Campionatos de España de estrada en Soria e fixérono con presenza galega no podio. Martín Bouzas defendía o título sub23 de contrarreloxo e obtivo o bronce. Esta medalla é a terceira que acada de forma consecutiva nun campionato estatal o corredor de Rois.