Seleccións

Brandan Márquez e Marco Veiga compiten esta fin de semana coa selección española





Dous bikers galegos defenderán esta fin de semana as cores de selección española. Co combinado estatal Brandan Márquez disputará o primeiro Europeo de BTT Ultramaratón na Pedals de Foc Non Stop e Marcos Veiga a Copa do Mundo DHI de Vallnord. 

A duodécima Pedals de Foc Non Stop non presenta grandes novidades respecto das edicións precedentes, salvo ese carácter continental: son 213 quilómetros, con 6.200 metros de desnivel positivo con saída e chegada en Vielha, no Val de Aran (Lleida). 


Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de Ciclismo Escolar





Corredores seleccionados para os Campionatos de España de Ciclismo Escolar que se celebrarán do 7 ao 9 de xullo en Ávila:

DIEGO RODRIGUEZ VILARIÑO                                                 CAMBRE                                         CADETE


Sandra Moral resistiu xunto ás máis fortes ata a subida final do Campionato de España





A Selección de Galicia contou cunha representante no grupo de cabeza que se xogou a vitoria no Campionato de España feminino de estrada disputado esta tarde en Soria. Sandra Moral rodou xunto ás máis fortes ata a subida final á Cuesta de la Dehesa Serrana. A elite do Cidade de Lugo - Esturión acabou na 21ª praza tras ceder 52" segundos respecto á gañadora Sheyla Gutiérrez (Cylance).


Cristian Mota, decimoquinto e mellor galego na carreira en liña sub23 do Campionato de España





Na segunda xornada dos Campionatos de España de estrada que se están a celebrar en Soria, a Selección de Galicia non puido estar na loita polas medallas na proba en liña sub23. Despois do bronce acadado o día anterior na contrarreloxo con Martín Bouzas, esta vez o mellor clasificado do combinado autonómico foi Cristian Mota. O ponteareán do Aldro Team cruzou a liña de meta na decimoquinta praza, a 1:03 do novo campión estatal Isaac Cantón (Castilla La Mancha).


Martín Bouzas outorga o bronce á Selección de Galicia na contrarreloxo sub23 dos Campionatos de España





Arrancaron esta mañá os Campionatos de España de estrada en Soria e fixérono con presenza galega no podio. Martín Bouzas defendía o título sub23 de contrarreloxo e obtivo o bronce. Esta medalla é a terceira que acada de forma consecutiva nun campionato estatal o corredor de Rois. 


Preselección para o Campionato de España de Ciclismo Escolar





Corredores preseleccionados para os Campionatos de España de Ciclismo Escolar que se celebrarán do 7 ao 9 de xullo en Ávila. A vindeira semana coñecerase a listaxe definitiva:


Once corredores representan á Selección de Galicia nos Campionatos de España de Soria





Este venres comezan os Campionatos de España de ciclismo en estrada que neste 2017 teñen como escenario Soria. No primeiro día de competición o galego Martín Bouzas defenderá o título de campión estatal sub23 de contrarreloxo acadado o pasado ano. O corredor de Rois é un dos once ciclistas que o combinado autonómico despraza ata esta cita.


Os galegos Alejandro Vila e Eva Castro subiron ao podio do Campionato de España de Descenso





Os especialistas galegos de Descenso sumaron dúas medallas no Campionato de España desta modalidade disputado na localidade gaditana de Ubrique. Eva Castro (School Riders) acadou o bronce na competición feminina e Alejandro Vila (Selección de Galicia) fíxose coa prata na proba Máster-30A. Ademais, o combinado autonómico contou con outros dous representantes no Top-10 das súas categorías: Marco Martínez rematou cuarto nos cadetes e Marco Veiga ocupou a sétima praza nos elites.


A Selección de Galicia viaxa con nove riders ao Campionato de España de Descenso en Ubrique





Un ano despois de asinar unha histórica actuación no Campionato de España de Descenso (DH) celebrado en Vigo, os riders galegos volverán pugnar esta fin de semana polos títulos estatais. Nesta ocasión poranse en xogo na localidade gaditana de Ubrique, ata onde a Selección de Galicia despraza a nove corredores.


Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de DH en Ubrique





Nove riders representarán á Selección de Galicia no Campionato de España de DH que se celebra o 17 e o 18 de xuño na localidade gaditana de Ubrique. 

A lista de convocados é a seguinte:

CADETE: Marco Martínez Peña (Corbelo, C.C.) ​

 

JÚNIOR: Alejandro Paz Miramontes (Compostelano,  C.C.) e Victor Mariño Ferreira (X Bikes, C.C.)