Seleccións

Iván Feijoo convocado para o Mundial de Ciclocross





O junior Iván Feijoo é un dos integrantes da lista anunciada polo seleccionador español Pascual Momparler para disputar os Campionatos do Mundo de ciclocross que se celebrarán en Bieles (Luxemburgo) os días 28 e 29 de xaneiro. 

O corredor alaricense do Academia Postal-Actyon-MMR acadou nos últimos quince días o título autonómico e estatal da súa categoría. Os outros juniors convocados para a carreira do sábado 28 ás 11:00 horas son Jofre Cullell (Cataluña) e Xabier Murias (Euskadi).


Feijoo, ouro nos juniors, e Canal, prata nos cadetes, redondearon a actuación da Selección de Galicia nos Campionatos de España de Ciclocross





O ciclismo galego viviu outra xornada para o recordo este domingo na clausura dos Campionatos de España de ciclocross Loterías celebrados en Valencia. Defendendo as cores do combinado autonómico, o alaricano Iván Feijoo proclamouse campión de España júnior e o limiao Carlos Canal rematou segundo na proba cadete.


Samuel González outorgoulle a medalla de prata á Selección de Galicia na proba sub23 dos Campionatos de España de Ciclocross





Despois do histórico ouro conseguido na  proba por comunidades autónomas da xornada inaugural, o ciclismo galego aumentou a súa colleita de medallas no segundo día de competición dos Campionatos de España Loterías de Ciclocross que se están a celebrar en Valencia. O vigués Samuel González outorgoulle á Selección de Galicia a prata na carreira Sub23 e o coruñés Luciano Carretero, defendendo as cores do Cambre Renault Caeiro, obtivo o bronce na categoría Máster-30A.


A Selección de Galicia logrou un histórico ouro na proba por equipos dos Campionatos de España de Ciclocross





A Selección de Galicia conseguiu o título que tanto ansiaba ao adxudicarse por primeira vez a carreira de remudas por seleccións, a proba coa que comezaron este venres os Campionatos de España Loterías en Valencia. Comunidade Valenciana e Euskadi completaron o podio nunha proba rapidísima, xa que os ciclistas investiron pouco máis de cinco minutos por volta.


Convocatoria da Selección de Galicia para os 'Campeonatos de España de Ciclocross 2017'





Trala conclusión da Copa Galicia de Ciclocross 2016  a pasada fin de semana en Maceda, os seleccionadores galegos definiron a convocatoria para os ‘Campeonatos de España 2017’ que terán como escenario Valencia do 6 ao 8 de xaneiro. José Ángel Vidal e Guillermo Sande citaron a 21 corredores para desplazarse ata terras mediterráneas e representar a Galicia en dez categorías individuais e na proba de relevos por equipos. Unha lista na que hai ciclistas de doce clubes diferentes. 


Daniel López Parada aportou o seu traballo na notable actuación da selección española sub23 no Mundial





Daniel López Parada asumiu o papel de gregario na proba sub23 do Mundial de Doha (Catar) e traballou a prol de Iván García Cortina para que o xefe de filas da selección española acadara a sétima praza no sprint final.

Nesta chegada masiva, o noruego Kristoffer Halvorsen impúxose por diante do alemán Pascal Ackermann e o italiano Jakub Mareczo tras 165,7 kilómetros de percorrido. A 7 minutos e 28 segundos do gañador cruzou a liña de meta o corredor de Cambre, que ocupou a 128ª posición.


Os riders galegos lograron tres ouros e dúas pratas no Campionato de España de Enduro BTT





Galicia ratificou en pleno corazón do Pirineo de Huesca a súa hexemonía a nivel estatal na disciplina de Enduro BTT. A ponteareá Desirée Duarte (Selección de Galicia) e o vigués Toni Ferreiro (XMS Racing Squad) proclamáronse campións de España Elite na localidade de Villanúa.


A Selección de Galicia acode con oito riders ao Campionato de España de Enduro BTT





O ano pasado a Selección de Galicia actuou de anfitrioa no Campionato de España de Enduro BTT celebrado na localidade pontevedresa do Porriño, onde fora a comunidade autónoma que acadara máis medallas. Doce meses despois, o combinado galego intentará protagonizar outra destacada actuación na loita polos títulos estatais en Villanúa (Huesca).


Daniel López Parada recibe a chamada da selección española para a proba en liña Sub23 do Campionato do Mundo





O ciclismo galego contará cun representante no Campionato do Mundo 2016 de ciclismo en estrada que se celebrará do 9 ao 16 de outubro en Doha (Catar). O seleccionador español Pascual Momparler convocou ao coruñés Daniel López Parada para participar na carreira en liña Sub23.


A Selección de Galicia firmou un histórico pleno no podio Máster-40 feminino do Campionato de España de BTT-Maratón





Sete bikers representaron á Selección de Galicia no Campionato de España de BTT-Maratón (XCM) celebrado na localidade barcelonesa de Aviá e catro deles conseguiron medalla. O combinado autonómico protagonizou un histórico pleno no podio Máster-40 feminino. Teresa Barreira impúxose por diante de Isabel Castro e Ana María González Cuña. A colleita de metais completouna Miguel Arias co bronce na clasificación da categoría Máster-40 A masculina.