Seleccións

Os galegos fixéronse con cinco medallas no Campionato de España de BTT-Maratón XCM





A Selección de Galicia monopolizou o podio Máster-40 feminino en Aviá. Un histórico resultado o acadado en Aviá con Teresa Barreira como campioa, Isabel Castro segunda e Ana María González terceira.

Na proba Máster-40 A masculina Miguel Arias logrou o bronce, a mesma medalla que a mosense Susana Alonso (Extremadura-Ecopilas) na categoría elite.


Martín Bouzas, 35º na contrarreloxo individual sub23 do Campionato de Europa





Este mércores comezou o Campionato de Europa de ciclismo na localidade francesa de Plumelec e na proba contrarreloxo individual sub23 o galego Martín Bouzas foi un dos dous representantes da selección española sobre un percorrido de 24,5 kilómetros. O corredor de Rois, do Supermercados Froiz, marcou un tempo de 37 minutos e 45 segundos, ocupando a 35ª praza.


Convocatoria da Selección de Galicia para os Campionatos de España de XCM





Sete bikers defenderán as cores da Selección de Galicia no Campionato de España de BTT-Maratón (XCM) que se celebrará o vindeiro sábado, día 17, en terras catalanas. Na Berguedà Bike Marathon de Avià poranse en xogo os títulos estatais nun percorrido de 70 kilómetros, con 2.500 metros desnivel positivo, que combina pistas e sendeiros.

A lista do combinado galego é a seguinte:


Rosi Martínez clasificouse 24ª no Campionato do Mundo de Descenso





Dous riders galegos foron convocados pola selección española para participar nos Campionatos de Mundo de Descenso (DHi) e so un tomou a saída en Val di Sole (Italia). Rosi Martínez ocupou a 24ª praza na proba feminina elite, mentres que Ángel Suárez decidiu non competir por mor dunha distensión no ombreiro.

A corredora do C.C. Coruxo marcou na final un tempo de 6:17:03, empregando 1  minuto e 56 segundos máis que a gañadora Rachel Atherton (GBR).


Martín Bouzas representará a España na contrarreloxo Sub23 do Campionato de Europa





No seu primeiro ano na categoría Sub23, Martín Bouzas disputará a contrarreloxo individual do Campionato de Europa, que se celebrará en Plumelec-Morbihan, na Bretaña francesa, o mércores 14 de setembro a partir das 15:00 horas.

O ciclista de Rois, do Supermercados Froiz, é o vixente campión de España da súa categoría nesta modalidade e a pasada temporada tamén logrou o título estatal sendo júnior.


Ángel Suárez e Rosi Martínez, convocados pola Selección Española para o Mundial de Descenso





Os actuais campións de España elite, Ángel Suárez (YT Mob) e Rosi Martínez (Coruxo), representarán a España no Mundial DHi 2016, que se celebrará esta fin de semana en Val Di Sole Italia.

O mércores está previsto o recoñecemento do circuíto a pé (10:00 a 13:00) , para dar paso aos adestramentos oficiais, por categorías, o xoves. O ‘seeding run’ será o sábado pola mañá, e as finais, o domingo: ás 12:45, as mulleres elite, e ás 14:00, os homes élite.


Irene Trabazo quedou moi preto das medallas na proba en liña dos Campionatos de España júnior





A Selección de Galicia pechou a súa participación nos Campionatos de España júnior celebrados na localidade cántabra de Reinosa cun posto de honra na proba en liña feminina. Irene Trabazo rematou quinta despois de xogarse a prata e o bronce nun sprint con outras cinco corredoras. Tamén tivo opcións de medalla ata o final Iñigo Rodríguez, que ocupou a decimosétima posición na chegada masiva coa que se resolveu a carreira masculina.


Guillermo García logrou a cuarta posición na contrarreloxo dos Campionatos de España júnior





A Selección de Galicia quedou a un paso de subir ao podio na primeira xornada dos Campionatos de España júnior. Guillermo García acadou a cuarta posición na contrarreloxo individual disputada este venres na localidade cántabra de Reinosa.


Doce ciclistas representarán á Selección de Galicia desde este venres no Campionato de España junior





As contrarreloxos individuais abren este venres os Campionatos de España de ciclismo en ruta que durante tres días se celebrarán na localidade cántabra de Reinosa para as categorías junior e máster. A Selección de Galicia acude con doce ciclistas en idade xuvenil e non presenta equipo nas probas máster tras ser rexeitada esta proposta pola asamblea da Federación Galega de Ciclismo.