Seleccións

A selección de Galicia de btt disposta a asaltar o Nacional na serra madrileña





A selección de Galicia de mountain bike atópase desprazada na localidade madrileña de Moralzarzal onde este fin de semana disputase os Campionatos de España nas modalidades de substitucións por seleccións, campo a través distancia olímpica e eliminator. Galicia presenta un combinado de 16 deportistas dos cales hai seis juniors, catro sub23, tres elites e tres master.


Convocatoria da Selección de Galicia TR, XCE e XCO para os Campionatos de España de Moralzarzal





Os próximos días, 20, 21 e 22 de xullo disputarase en Moralzarzal (Madrid) os Campionatos de España BTT nas modalidades de Team Relay, Eliminator e Cross Country Olímpico. Os ciclistas convocados que representarán a Selección de Galicia son:

JUNIOR

Carlos Canal Blanco - Academia Postal-Maceda               

Adrián Barros Rodríguez - Coruxo, C.C.

David Aragunde Calvo - Armenteira e Punto, C.

Roi López Rodríguez - Compostelano, C.C.

 

FÉMINAS JUNIOR


Duarte (feminas), Carrera (junior) e Pérez (Master), novos Campións de España de Enduro





A biker galega Desiree Duarte proclamouse Campioa de España de btt enduro no certame celebrado na localidade Gran Canaria de Teror. A pesar da súa mocidade, a sub23 ponteareá foi a vencedora absoluta en categoría feminina despois de completar os seis tramos cun rexistro de 25:42 e máis dun minuto de diferenza sobre a elite Sandra Jorda ( Orbea) e a 1:42 da tamén sub 23 Elisabeth Breval (Vadebicis).


Manuel Rodríguez logra en Molgas o titulo de Campión de España cadete





Unha medalla de ouro, dúas medallas de prata e un bronce foi a colleita obtida pola Selección galega de ciclismo nos Campionatos de España Escolar que ao longo do fin de semana celebrouse na localidade ourensá de Baños de Molgas coa organización da Federación Galega de Ciclismo e a Fundación Ado Moure.


Galicia suma o bronce no btt feminino do Campionato de España Escolar





As probas de btt trouxeron á Selección de Galicia un novo metal nos Campionatos de España escolares, o bronce do equipo feminino de btt. O combinado formado por Noela Saa, Laura Capa, Laura Fernández e Zaira Vila conseguiu acceder ao terceiro posto do podio tras as seleccións de Andalucia (ouro) e Cataluña (prata).


O galego Miguel Mera, subcampión de España CRI no Campionato Escolar en Molgas





Miguel Angel Mera sumou para Galicia a primeira medalla, ao lograr a prata na proba CRI dos Campionatos de España de Ciclismo Escolar que se celebran na localidade ourensá de Baños de Molgas ao longo do fin de semana. Cun crono de 10:26, Mera logrou o subcampeonato na proba contrareloj individual na que saíu nun posto moi temperán e sen referencias dos seus rivais. O vixente campión nacional cadete, o valenciano Juan Ayuso, tomaba a saída en último lugar e sabendo o tempo para bater.

As contrarreloxo abren o Campionato de España Escolar en Molgas





As probas contra o reloxo serán as encargadas de abrir o programa de competición do Campionato de España Escolar de Ciclismo que se inicia este venres na localidade ourensá de Baños de Molgas. A partir das cinco e cuarto da tarde iniciaranse as saídas dos equipos desde a meta situada aos pés do espectacular Santuario de Os  Milagres. O trazado disposto pola organización é un percorrido de 7,5 quilómetros cun perfil enganoso debido á peculiar orografía galega na que calquera  repecho pode ser unha trampa para quen descoñece os tobogáns das nosas estradas.


A selección de Galicia disposta a conquistar o nacional de btt enduro en Teror (Canarias)





A selección de Galicia acode este fin de semana a Teror (Illas Canarias) para disputar o Campionato de España de Enduro, unha modalidade na que o vigués Toni Ferreiro (Coruxo) defenderá co seu club o título absoluto obtido o pasado ano en Madrid.


Galicia xa ten a selección para os Campionatos de España Escolar





Xa é pública a lista dos mozos e mozas que representarán a Galicia nos próximos Campionatos de España Escolar de Ciclismo que terán lugar en Baños de Molgas (Ourense) do 6 ao 8 do mes de xullo. O seleccionador galego Guillermo Sande contará cun total de 26 ciclistas, moitos dos cales xa os tivo convocados para un adestramento hai unha seman no escenario da competición, donde tiveron ocasión de facer unha primeira toma de contacto cos circuitos.


Martin Bouzas proclámase Campión de España CRI





O ciclista sub23 Martín Bouzas (Galicia) logrou colgarse a medalla de ouro na proba contrareloj disputada na primeira xornada do Campionato de España que se celebran en Castelló. Cun rexistro de 25’16”, o de Rois avantaxou en 22 segundos a Adrià (Cataluña) e 24 a Bennassar (Baleares).

Bouzas suma o seu cuarto podio consecutivo desde a categoría xuvenil e revalida o título logrado hai dúas tempadas.