Seleccións

Convocatoria da selección sub 23 galega para os Campionatos de España Castelló18





A Federación Galega de Ciclismo deu a coñecer o grupo de ciclistas que compoñerán o equipo autonómico nos próximos Campionatos de España.

O seleccionador galego Guillermo Sande convocou a tres ciclistas do Froiz: Aaron Mariño, Diego González e Guillermo García. O campión galego de CRI tratará de revalidar o título nacional logrado a pasada tempada na modalidade contrareloj.


Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de Enduro





O domingo 8 de xullo disputarase en Teror (Las Palmas de Gran Canaria) o Campionato de España BTT-Enduro. Nesta ocasión a Selección de Galicia será máis reducida debido á complexidade do desprazamento ás Illas Canarias.

Os corredores convocados son:

Juniors: Mario Fernández (O Rosal, C.C.) e Nicolás Carrera (Coruxo, C.C.)

Fémina Sub 23: Desiree Duarte (Condado Bike, A.D.)

Élite: Rubén Rodríguez (Condado Bike, A.D.)

Máster 40: Antonio Pérez  (Condado Bike, A.D.)


Cristian Mota formará coa selección española na Carreira da Paz


Cristian Mota (Aldro Team)



O galego Cristian Mota ( Aldro Team) formará parte da selección nacional sub23 nunha nova proba da Copa das Nacións que se disputa na República Checa do xoves 31 ao domingo 3 de xuño, sobre un prólogo e catro etapas.


Éxito da selección galega no Campionato de España de ciclismo adaptado





A selección de Galicia tivo unha actuación destacada no Campionato de España de ciclismo adaptado que se celebrou o pasado fin de semana na localidade burgalesa de Villadiego. En total foron catro medallas de prata e varios top ten a colleita obtida polos representantes galegos que competiron sobre uns circuítos espectaculares dignos dunha Copa do Mundo e contaron cunha participación histórica.


A Selección de Galicia Júnior tivo presenza nas fugas da Gipuzkoa Klasika





O pasado domingo a Selección de Galicia Júnior  foi un dos 29 conxuntos que tomou a saída na XXIV Gipuzkoa Klasika. A prestixiosa proba vasca presentou un esixente percorrido de 108 quilómetros e o combinado autonómico conseguiu ter presenza en varias escapadas.  Ivan Dias, Jorge Suárez, César Pico, Brais Gómez, Martín Soutullo e Uxío San Martín formaron o bloque dirixido polo seleccionador Guillermo Sande. 


A Selección de Galicia Júnior disputa este domingo a Gipuzkoa Klasika con seis corredores





Ivan Dias, Jorge Suárez, César Pico, Brais Gómez, Martín Soutullo e Uxío San Martín tomarán a saída este domingo (10:30 horas) na Gipuzkoa Klasika defendendo as cores da Selección de Galicia Júnior. O combinado que dirixe Guillermo Sande afronta en terras vascas a súa segunda fin de semana de competición do ano despois de ter participado hai quince días na CRE de La Cistérniga e no Trofeo Federación en Valladolid. 


Convocatoria da Selección de Galicia Júnior para a XXIV Gipuzkoa Klasika





Este vindeiro domingo a Selección de Galicia Júnior de estrada disputará a XXIV Gipuzkoa Klasika. A expedición dirixida polo seleccionador autonómico Guillermo Sande partirá o sábado ás 7:45 horas cara terras vascas. 

Os seis ciclistas convocados son: 

Ivan Días Fernández                    (Dipuleón-Bembibre)

Jorge Suárez Fernández              (Cidade de Lugo)


Susana Alonso proclamouse campioa de España de Ultramaratón en Huelva





A mosense Susana Alonso (Extremadura-Ecopilas) impúxose este sábado no Campionato de España de Ultramaratón que se celebrou na Huelva Extrema. A elite galega dominou a proba de principio a fin e completou o percorrido de 190 quilómetros, con 3.000 metros de desnivel acumulado, en 9 horas 26 minutos  e 49 segundos. 


A Selección de Galicia Júnior pechou en Valladolid a súa primeira fin de semana de competición





A dobre cita coa que a Selección de Galicia Júnior de estrada abriu a temporada tivo como segundo capítulo o Trofeo Federación Copa Valladolid Memorial Ángel Lozano. Tras o día anterior ter asinado o décimo posto na contrarreloxo por equipos do Trofeo La Cistérniga Viana de Cega, o combinado dirixido por Guillermo Sande situou a Adrián Giráldez como o seu mellor clasificado na capital pucelana. O corredor ponteareán alcanzou a liña de meta no pelotón principal que chegou a 51 segundos do gañador en solitario Ibai Ruíz (Arabarrak).


A Selección de Galicia Júnior, décima na CRE de La Cistérniga





A dobre cita desta fin de semana para a Selección de Galicia Júnior na provincia de Valladolid arrancou hoxe coa contrarreloxo por equipos (CRE) do III Trofeo La Cistérniga Viana de Cega. O combinado autonómico acadou o décimo mellor tempo nos 17,5 quilómetros de percorrido. 

Adrián Giráldez, Brais Gómez, Iván Rodríguez, Uxío San Martín, Brais García e Martín Soutullo formaron o sexteto dirixido polo seleccionador Guillermo Sande. O seu rexistro na liña de meta foi de 23 minutos e 27 segundos.