Seleccións

A Selección de Galicia Júnior ten esta fin de semana unha dobre cita en Valladolid





Seis corredores representarán durante a fin de semana nas estradas vallisoletanas á Selección de Galicia Júnior. O combinado autonómico estréase no 2018 disputando este sábado o III  Trofeo La Cistérniga Viana de Cega, no formato de contrarreloxo por equipos (CRE), e o domingo o VII Trofeo Federación Copa Valladolid 'Memorial Ángel Lozano'. 


Convocatoria da Selección de Galicia de Estrada Júnior para a CRE La Cistérniga e o Trofeo Federación





A Selección de Galicia de Estrada Júnior disputará dúas probas na provincia de Valladolid durante a fin de semana do 7 e do 8 de abril. O sábado participará na Contrarreloxo por Equipos (CRE) do III Trofeo La Cistérniga - Viana de Cega e o domingo competirá no VII Trofeo Federación.

Os convocados polo seleccionador Guillermo Sande para esta dobre cita son:


Adestramento dos juniors galegos organizado pola FGC





Este sábado, día 17 de marzo, dezaoito juniors galegos rodarán polas estradas do sur da provincia de Pontevedra convocados pola Federación Galega de Ciclismo (FGC). Esta sesión de toma de contacto de cara o calendario deste 2018 e de axuste á Selección de Galicia, tamén pretende valorar o estado da preparación de cada corredor. 

Os ciclistas citados polo seleccionador Guillermo Sande reuniranse ás 10:30 horas no Porriño e dende alí arrancará un adestramento que transitará polas estradas dos concellos das Neves, Arbo, A Cañiza, Covelo e Ponteareas.


Feijoo remontou ata a 26ª posición no Mundial de Valkenburg





A histórica participación dos corredores galegos no Mundial de Ciclocross de Valkenburg rematou coa actuación de Iván Feijoo na carreira sub23. O alaricano do Academia Postal - Actyon - MMR cruzou a liña de meta na 26ª posición despois de asinar unha notable remonta no enlamado circuíto neerlandés. 


Trabazo, Barros e Canal viviron o seu bautizo mundialista en Valkenburg





Tan esixente como inesquecible. Así se pode resumir o estreo nun Mundial de Ciclocross para os tres galegos que competiron este sábado no enlamado circuíto neerlandés de Valkenburg. A sub23 Irene Trabazo rematou 34ª despois de ter un problema mecánico, mentres que nos juniors Adrián Barros (28º) foi o mellor clasificado da selección española e Carlos Canal (63º) sufriu unha avaría cando rodaba en posicións dianteiras. 


Trabazo, Feijoo, Canal e Barros disputan un Mundial de Ciclocross histórico para Galicia





Por primeira vez catro corredores galegos representarán á selección española no Campionato do Mundo de Ciclocross. Será esta fin de semana en Valkemburg, na provincia neerlandesa de Limburg. Alí, Irene Trabazo, Iván Feijoo, Carlos Canal e Adrián Barros farán historia para o ciclismo da nosa comunidade. 

Na xornada do sábado, a partir das 11:00 horas, o limiao Canal (Academia Postal - Actyon - MMR) e o vigués Barros (Coruxo) estrearanse na cita máis importante do planeta. O outro ciclista español será Gonzalo Inguanzo. 


A Selección española convoca a catro galegos para o Mundial de Ciclocross





O seleccionador español Pascual Momparler ofreceu este mércores a lista de convocados para o Mundial de Valkenburg (Países Baixos) e entre os quince corredores citados hai catro galegos. O sub23 Iván Feijoo (Academia Postal - Actyon - MMR), a sub23 Irene Trabazo (Marín Ottoman) e os juniors Carlos Canal (Academia Postal - Actyon - MMR) e Adrián Barros (Coruxo) representarán ao combinado estatal na primeira fin de semana de febreiro, os días 3 e 4. 


O ouro de Canal nos juniors liderou o póker de medallas da Selección de Galicia no Campionato de España Loterías de Ciclocross





A última xornada do Campionato de España Loterías de Ciclocross celebrado en Legazpi resultou formidable para a Selección de Galicia. Na carreira júnior Carlos Canal proclamouse campión estatal e Adrián Barros acadou o terceiro posto; na proba sub23-junior Irene Trabazo colgouse a prata; e na cadete Noela Saa subiu ao terceiro chanzo do podio. En total, o combinado que dirixe Guillermo Sande despediu esta cita con catro medallas, igualando a mesma cifra que asinou o pasado ano. 


As medallas resístenselle á Selección de Galicia no Campionato de España Loterías de Ciclocross





O máster-50 B Antonio González (Salvaterra) foi o único galego que este sábado pisou o podio na segunda xornada do Campionato de España de Ciclocross que está tendo lugar en Legazpi. Preto de inaugurar o casilleiro de medallas da Selección de Galicia quedaron o máster-30 B Luciano Carretero e o máster-50A Javier de la Fuente. Os dous finalizaron cuartos nas súas carreiras, mentres que os representantes cadetes e os sub23 non tiveron o seu mellor día no circuíto guipuscoano.


A Selección de Galicia rematou cuarta no Team Relay do Campionato de España de Ciclocross





Tres caídas na primeira remuda lastraron as opcións da Selección de Galicia na proba Team Relay coa que este venres arrancou o Campionato de España de Ciclocross na localidade guipuscoana de Legazpi. O sexteto dirixido por Guillermo Sande defendía o título acadado no 2017, pero desta vez quedouse a un paso do podio. Rematou cuarto nunha carreira que se adxudicou Cantabria.