Seleccións

O junior galego Carlos Canal foi o mellor español da xornada no Mundial de Suiza





O ciclista junior galego Carlos Canal completou a súa participación no Campionato do Mundo de Btt no posto 24º da proba de campo a través distancia olímpica. Unha inoportuna caída privoulle de poder pelexar polo top ten mundialista. O outro galego compoñente da Selección Española, Adrián Barros retirouse.


Cinco medallas para os galegos no nacional de btt maratón





Cinco medallas, dous ouros, dúas pratas e un bronce, foi o balance final dos ciclistas galegos no Campionato de España de btt maratón disputado este fin de semana en Cáceres. Os títulos corresponderon aos master Javier Busto e Teresa Barreira; a prata lográrona a elite Susana Alonso e a master Ana González e o bronce foi para outro master, Manuel Casuso (Master Galaico).


Convocado o equipo de Galicia que competirá nos Campionatos de España junior





O seleccionador galego de ciclismo convocou a un total de 12 ciclistas para tomar parte no Campionato de España en categoría junior que terá lugar en Soria entre o 7 e o 9 do mes de setembro. Guillermo Sande contará con oito corredores e catro corredoras para disputar tanto a proba de contrareloj como a de fondo.


Poker de galegos para o Mundial de Btt





Galicia estará representada por catro ciclistas nos próximos Campionatos do Mundo de Btt XCO e DHI que se celebrarán na localidade suíza de Lenzerheide (Suíza) do 5 ao 9 de setembro. O seleccionador nacional, Cristóbal Sánchez, convocou para esta cita ó corredor elite Pablo Rodríguez (MMR) e os junior Carlos Canal (Maceda) e Adrián Barros (Ponteareas) que participarán na proba de campo a través distancia olímpica (XCO).


Os junior galegos deixanse ver na III Volta a la Ribera del Duero





Roi Domínguez (Fundación Óscar Pereiro) e Martín Soutullo (Selección de Galicia) foron os galegos mellor clasificados no sprint masivo co que se pechou a segunda etapa da III Volta Ciclista Junior Ribera del Duero que ten lugar en terras castelás ata o próximo  dia 19. 


Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de BTT-Maratón





A Selección que representará a Galicia o próximo, 2 de setembro, no Campionato de España de XCM que se celebrará na localidade de Logrosán (Cáceres) será a seguinte:

Élite masculino: Brandán Márquez Fernández (Tres Lunas Quereño) e Esteban Sánchez Gónzalez (Extol-La Gramola Team)

Élite feminino: Susana Alonso Carballo (GR-100 MTB) e Lara Lois García (Extol-La Gramola Team)


Convocada a selección junior para a III Vuelta Ribera del Duero





O seleccionador de Galicia, Guillermo Sande, deu a coñecer a lista de compoñentes do combinado galego que tomará parte na III Volta Ribeira do Douro Junior. Sande chamou para esta proba aos ciclistas: Jorge Suárez Fernández ( Cidade de Lugo), Brais Gómez Cima (Ponteareas), Adrián Giraldez Rodríguez (Ponteareas), Martín Soutullo Trigo (Carballo a un paso), Uxio Sanmartin Domínguez (Cortizo Anova) e Manuel Sanpedro García (Cambre Caeiro).


Miguel Mera (MMR) primeiro líder da Txuma Internacional cadete





O ciclista galego Miguel Angel Mera ( MMR) logrou enfundarse a camisola amarela ao termo da primeira xornada da VII Txuma Internacional de cadete que se celebra ata o domingo nas localidades biscaíñas de Berango e Erandio. Mera, gañador da edición 2017, impúxose na meta de Erandio con 13 segundos de vantaxe sobre Pablo Carrascosa 25 segundos sobre Francísco Javier Barqueiro, ambos os corredores do Quima Proingo.


Os galegos Canal e Barros chamados pola Selección española junior de btt para o Europeo de Austria





Os bikers galegos Adrián Barros e Carlos Canal atópanse en Austria concentrados coa Selección Española de Mtb que este fin de semana disputará en terras austríacas o Campionato de Europa para juniors e sub23.

Trala celebración do Campionato de España de XCO, os ciclistas máis prometedores da nosa canteira encaran agora un dos compromisos importantes do calendario de competición para a categoría junior: o Campionato de Europa de Graz-Stattegg (Austria) que se celebra do xoves 26 ao domingo 29 de xullo.


Aprobado con nota para os "galegos" nos Campionatos de España de MTB





Dous días despois de concluír os Campionatos de España de mtb, o balance obtido pola representación galega no Nacional foi cualificada de brillante tanto polo papel realizado polos membros do equipo autonómico como por aqueles galegos que acudiron representando aos seus equipos. En total a colleita de “os galegos” saldouse con catro medallas (unha prata e tres bronces) e un total de 16 presenzas no top 10 das diferentes clasificacións. Só tres competidores víronse obrigados a retirarse antes de tempo por molestias físicas.