Seleccións

Trece corredores representarán esta fin de semana á Selección de Galicia nos Campionatos de España juniors en Valladolid





Os títulos estatais en estrada da categoría junior póñense en xogo durante esta fin de semana na provincia de Valladolid. O sábado pola tarde disputaranse na localidade de Serrada as contrarreloxos individuais e o domingo pola mañá será a quenda para as carreiras en liña na capital pucelana.  A Selección de Galicia desprazouse este xoves ata terras vallisoletanas con trece corredores na súa expedición. 


Convocatoria da Selección de Galicia para os Campionatos de España de estrada junior





Na última fin de semana deste mes de agosto, o sábado 26 e o domingo 27, disputaranse en Valladolid os Campionatos de España de estrada junior.

A Selección de Galicia desprazarase ata a capital pucelana o xoves 24 e os corredores convocados para esta cita son:

Categoría masculina

Guillermo García Janeiro (Bathco)

Abel Franco Álvarez (Bathco)

Brais García Romero (Cambre - Renault Caeiro)

Jorge Fernández Suárez (Cidade de Lugo - Esturión)

Jesús Rodríguez Pociña  (Cidade de Lugo - Esturión)


Guillermo García, segundo no peche da Copa de España junior Cofidis en Peñafiel





A calor, a esixencia do percorrido e, sobre todo, o vento marcaron a disputa do VII Trofeo Ayuntamiento de Peñafiel-Ruta del Vino Ribera del Duero, última cita da Copa de España junior Cofidis 2017. O marinense Guillermo García (Bathco) rematou segundo nunha xornada moi dura e nerviosa na que a sorte non acompañou aos corredores da Selección de Galicia. 


A Selección de Galicia disputa este domingo en Peñafiel a última xornada da Copa de España junior Cofidis





Este domingo a Copa de España junior Cofidis vivirá o seu desenlace nunha proba que contará coa presenza da Selección de Galicia. Na provincia de Valladolid celébrase o VII Trofeo Ayuntamiento de Peñafiel, organizado polo CD Pucela, sobre 123 quilómetros e co seu habitual final na mítica subida ao castelo. O combinado autonómico contará con seis corredores defendendo as súas cores.


Pablo Rodríguez non rematou o Campionato de Europa de XCO





Pablo Rodríguez optou polo abandono no Campionato de Europa XCO de Darfo Boario Terme (Italia). O biker elite comentou que "non sei que me pasa este ano, pero non consigo atopar a regularidade. Non teño termo medio, un día bo, outro malo. E hoxe despois de tres voltas hei visto que me tocaba o malo".


Iván Feijoo non participará no Campionato de Europa por unha caída





Un infortunio no último adestramento impedirá a Iván Feijoo correr o Campionato de Europa por prescrición médica.  O júnior do Academia Postal - Actyon - MMR de Maceda chegaba nun bo estado de forma e cheo de ilusión para facer un gran papel nesta cita, que se celebra na localidade italiana de Darfo Garfo Boare, pero terá que esperar á próxima tempada porque unha caída no adestramento do pasado mércores provocoulle a perda de coñecemento de forma instantánea durante uns momentos.


Convocatoria da Selección de Galicia para a Copa de España júnior de Peñafiel





O domingo 6 de agosto disputarase o VI Trofeo Ayuntamiento de Peñafiel - Ruta del Vino Ribera del Duero, proba puntuable para a Copa de España júnior. Esta carreira rematará no mítico castelo desta localidade vallisoletana

Os corredores citados pola Selección de Galicia para desprazarse o sábado 5 ata terras pucelanas son: 

Martín Soutullo Trigo (Carballo a un Paso)

Uxío San Martín Domínguez (Cortizo - Anova)

Brais García Romero (Cambre - Caeiro)

Roi Domínguez García (Fundación Óscar Pereiro)

Guillermo Porto Rodríguez (Cortizo - Anova)


Pablo Rodríguez e Iván Feijoo, convocados para os Campionatos de Europa de XCO





Esta semana terán lugar en Darfo Boaro Terme (Italia) os Campionatos de Europa de cross country olímpico (XCO) e haberá dobre representación galega. O seleccionador español Cristóbal Sánchez convocou para esta cita ao elite Pablo Rodríguez (MMR) e ao júnior Iván Feijoo (Academia Postal - Actyon - MMR).

Este evento comezará o xoves día 27 coa carreira Team Relay e as probas individuais disputaranse na fin de semana. O alaricense Feijoo, que vén de acadar o bronce no Campionato de España, competirá o sábado a partir das 12:00 horas.


Iván Feijoo, Pablo Rodríguez e Isabel Castro subiron ao podio na última xornada dos Campionatos de España





Tres corredores galegos obtiveron medalla nas probas de cross country olímpico (XCO) durante a última xornada dos Campionatos de España celebrados na localidade valenciana de Cofrentes. Iván Feijoo fíxose co bronce na carreira júnior defendendo as cores da Selección de Galicia, Pablo Rodríguez (MMR Bikes) acadou a prata na competición elite e Isabel Castro (Condado Bike) proclamouse campioa máster-40B.


Miguel Ángel Mera adxudicouse a Txuma cadete liderando á Selección de Galicia





Triunfo de prestixio para o ciclismo galego en terras vascas. Miguel Ángel Mera impúxose na clasificación xeral da sexta edición da Txuma cadete. O representante da Selección de Galicia chegou á ultima etapa vestido de amarelo e defendeu con éxito a súa mínima renda de 1 segundo de vantaxe na xeral ao ocupar a segunda posición na liña de meta de Erandio Goikoa