Seleccións

A Selección española convoca a catro galegos para o Mundial de Ciclocross





O seleccionador español Pascual Momparler ofreceu este mércores a lista de convocados para o Mundial de Valkenburg (Países Baixos) e entre os quince corredores citados hai catro galegos. O sub23 Iván Feijoo (Academia Postal - Actyon - MMR), a sub23 Irene Trabazo (Marín Ottoman) e os juniors Carlos Canal (Academia Postal - Actyon - MMR) e Adrián Barros (Coruxo) representarán ao combinado estatal na primeira fin de semana de febreiro, os días 3 e 4. 


O ouro de Canal nos juniors liderou o póker de medallas da Selección de Galicia no Campionato de España Loterías de Ciclocross





A última xornada do Campionato de España Loterías de Ciclocross celebrado en Legazpi resultou formidable para a Selección de Galicia. Na carreira júnior Carlos Canal proclamouse campión estatal e Adrián Barros acadou o terceiro posto; na proba sub23-junior Irene Trabazo colgouse a prata; e na cadete Noela Saa subiu ao terceiro chanzo do podio. En total, o combinado que dirixe Guillermo Sande despediu esta cita con catro medallas, igualando a mesma cifra que asinou o pasado ano. 


As medallas resístenselle á Selección de Galicia no Campionato de España Loterías de Ciclocross





O máster-50 B Antonio González (Salvaterra) foi o único galego que este sábado pisou o podio na segunda xornada do Campionato de España de Ciclocross que está tendo lugar en Legazpi. Preto de inaugurar o casilleiro de medallas da Selección de Galicia quedaron o máster-30 B Luciano Carretero e o máster-50A Javier de la Fuente. Os dous finalizaron cuartos nas súas carreiras, mentres que os representantes cadetes e os sub23 non tiveron o seu mellor día no circuíto guipuscoano.


A Selección de Galicia rematou cuarta no Team Relay do Campionato de España de Ciclocross





Tres caídas na primeira remuda lastraron as opcións da Selección de Galicia na proba Team Relay coa que este venres arrancou o Campionato de España de Ciclocross na localidade guipuscoana de Legazpi. O sexteto dirixido por Guillermo Sande defendía o título acadado no 2017, pero desta vez quedouse a un paso do podio. Rematou cuarto nunha carreira que se adxudicou Cantabria. 


A Selección de Galicia defende título na apertura do Campionato de España Loterías de Ciclocross





Este venres ás 16:00 horas arranca na localidade guipuscoana de Legazpi o Campionato de España Loterías de Ciclocross 2018 coa Selección de Galicia poñendo en xogo a súa coroa na proba Team Relay. Un ano despois de colgarse o ouro en Valencia, o combinado dirixido por Guillermo Sande defenderá o título no esixente circuíto vasco. A carreira de remudas por equipos será o primeiro prato forte dun evento que se prolongará ata o domingo.


Aliñación da Selección de Galicia para a proba Team Relay do Campionato de España de Ciclocross





Este venres, día 12 de xaneiro, a Selección de Galicia defenderá no circuíto guipuscoano de Legazpi o título de campioa de España de ciclocross na proba Team Relay.


Borja Gómez recibe a chamada da Selección de Galicia para participar no Campionato de España Loterías de Ciclocross





A Federación Galega de Ciclismo decidiu incluír a Borja Gómez, corredor do Clube Ciclista Ponteareas, na convocatoria da Selección de Galicia para participar no Campionato de España Loterías de Ciclocross que se disputará do 12 ao 14 de xaneiro na localidade guipuscoana de Legazpi. Con esta citación búscase darlle visibilidade ás persoas con discapacidade que practicando ciclismo son todo un exemplo de integración e superación.


Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España Loterías de Ciclocross





A Federación Galega de Ciclismo convoca a 19 corredores para participar no Campionato de España Loterías de Ciclocross que se disputará do 12 ao 14 de xaneiro na localidade guipuscoana de Legazpi. A Selección partirá cara terras vascas o xoves día 11.

Os ciclistas citados polo seleccionador autonómico Guillermo Sande son:

Noela Saa Crespo (Academia Postal Actyon MMR)                                      Cadete feminina


Baños de Molgas acollerá os Campionatos de España en Idade Escolar de Estrada e BTT no 2018





O Consello Superior de Deportes (CSD) vén de conceder á localidade ourensá de Baños de Molgas a organización dos Campionatos de España en Idade Escolar 2018 de ciclismo, unha cita na que se disputarán probas das modalidades de BTT, na categoría cadete, e de Estrada para corredores infantís, cadetes e adaptados. 

O evento celebrarase durante tres días, do 6 ao 8 de xullo. 

 


Os riders galegos colgáronse sete medallas no Campionato de España de BTT Enduro





Os especialistas galegos no BTT Enduro reafirmaron a súa condición de dominadores estatais desta modalidade no Campionato de España celebrado na localidade madrileña de El Atazar. O seu botín foi de sete medallas. Cinco deses postos de podio correspondéronlles a corredores da Selección de Galicia: Tony Pérez fíxose coa vitoria en Master-30B, mentres que o elite Rubén Rodríguez, o junior Nicolás Carrera, o master-30B Borja Caneiro e o master-50A Carlos José Táboas colgáronse o bronce nas súas categorías.