Susana Alonso é convocada por España para o Mundial de Btt Maratón





Susana Alonso (Extremadura-Ecopilas) foi convocada polo selccionador nacional Cristobal Sánchez para tomar parte no próximo Campionato do Mundo de BTT XC Maratón que terá lugar o 18 de setembro na localidade italiana de Auronzo.

A ciclista de Mos que acaba de proclamarse subcampioa de España formará parte da Selección Española feminina xunto coa que fose subcampioa europea Claudia Galicia, a nova campioa de España, Natalia Fisher e a catalá Sandra Santanyes. As ciclistas terán que afrontar un percorrido de 89 quilómetros e 3400 metros de desnivel situado en plenos dolomitas.

O combinado masculino estará composto polo compañeiro de equipo de Alonso, o recente campión de España Pedro Romeu ademais do subcampión nacional Roberto Bou, Sergio Mantecón e o veterano Paco Mancebo.