Suspensión da actividade deportiva oficial de competencia autonómica





Tema: 

Instrución do 13 de marzo de 2020 da Secretaría Xeral para o Deporte sobre limitacións e condicións para a celebración de actividades deportivas federadas que comporten a afluencia de numerosos deportistas participantes, ditada en virtude da Resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 (DOG núm. 49-Bis  de 12 de marzo).

 Consonte a habilitación recollida na resolución referida e de conformidade coa consellería de Sanidade, visto o desenvolvemento dos feitos no ámbito dos riscos para a saúde dos deportistas e do resto de persoal participante nas competicións deportivas, a actividade deportiva oficial de competencia autonómica queda suspendida.