A Toyota Ibericar Auto abre esta fin de semana en Ponteareas o Open de Enduro MTB Xtremebike-Cannondale





Modalidades: 

O calendario de BTT Enduro arranca na vindeira fin de semana, 20 e 21 de febreiro, coa II Toyota Ibericar Auto-Gran Premio Concello de Ponteareas que marca o inicio do Open Enduro MTB 2016 XTREMEBIKE-CANNONDALE.

A primeira edición deste certame consta de tres probas na provincia de Pontevedra. A segunda será o I Restaurante Os do Resero Enduro MTB, Gran premio Concello A Cañiza (7 e 8 de maio) e a terceira o I Alonso & Serodio Seguros Enduro MTB Gran Premio Concello Salceda de Caselas (11-12 de xuño).

O gañador da clasificación xeral terá como premio o patrocinio da firma Cannondale na edición do próximo ano. 

Máis información: http://www.magmasports.es