Trabazo, Feijoo, Canal e Barros disputan un Mundial de Ciclocross histórico para Galicia





Por primeira vez catro corredores galegos representarán á selección española no Campionato do Mundo de Ciclocross. Será esta fin de semana en Valkemburg, na provincia neerlandesa de Limburg. Alí, Irene Trabazo, Iván Feijoo, Carlos Canal e Adrián Barros farán historia para o ciclismo da nosa comunidade. 

Na xornada do sábado, a partir das 11:00 horas, o limiao Canal (Academia Postal - Actyon - MMR) e o vigués Barros (Coruxo) estrearanse na cita máis importante do planeta. O outro ciclista español será Gonzalo Inguanzo. 

A continuación, ás 13:00 horas, chegará a quenda da sub23 Irene Trabazo. A corredora do Marín Ottoman terá como compañeira de selección a Luisa Ibarrola. 

Feijoo completará a participación galega o domingo a partir das 11:00 horas. O alaricano do Maceda, Jofre Cullell e Mario Junquera forman o trío de sub23 que presenta o combinado dirixido por Pascual Momparler. 

Estas tres carreiras poderán ser seguidas a través da canle de Youtube da UCI

Máis información