Trescentos ciclistas compiten e gozan da festa do Mini BTT de Maceda





Modalidades: 

Maceda e o seu club ciclista foron os anfitrións, por decimotercer ano consecutivo, da gran festa do verán da bicicleta de montaña. Ao redor de 300 pequenos corredores e os seus acompañantes competiron, pero sobre todo conviviron e divertíronse ao redor da bicicleta.
A convivencia e a diversión transcenden cada mes de agosto, en Maceda, aos resultados. Por decimotercer ano consecutivo, o Club Ciclista Maceda Academia Postal Actyon MMR organizou un Mini BTT no que tomaron parte case 300 nenos e nenas chegados de diversos puntos de Galicia. Máis que unha carreira, a concentración de promesas da bicicleta de montaña converteuse nunhas gran festa das escolas de ciclismo.

Durante catro días estarán acampadas en Maceda case 500 persoas, gozando das instalacións das piscinas municipais e das distintas actividades organizadas polo club que exerce de anfitrión. O sábado realizouse unha marcha nocturna denominada "A marcha dos vagalumes" na que tomaronparte ao redor de medio milleiro de participantes.

Carreiras matinais

O domingo pola mañá, desde as 11.00 horas, foi a quenda da competición propiamente dita, o Mini BTT de Maceda Copa Deputación de Ourense no que tomaron parte ao redor de 300 ciclistas. A proba era para federados, con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos.

Os mellores nas distintas categorías foron Lorena Patiño (Farto Club Ciclista), Daniel Barcia (2.0 Sport Team), Lucas Lozano (Farto Club Ciclista), Clara Pintos (Redondela EC), Mauro Vega (Coruxo CC), Tomás Pombo (Cambre CC), María Filgueiras (Caimanes Betanzos), Miguel Rodríguez (CC Ponteareas), Carmen Cabot (Rías Baixas) e Laura Capa (Farto Club Ciclista).

Fonte: Faro de Vigo

Foto: Luz María Iglesias

Documentos: