Trío de galegos no pelotón da 81ª Volta a Portugal





Modalidades: 

O gañador da xeral no 2014 e no 2015 Gustavo César Veloso (W52-F.C. Porto), o vencedor no 2013 Alejandro Marque (Sporting-Tavira) e o debutante Cristian Mota (Mirando Mortagua) compoñen o trío de representantes galegos no pelotón da Volta a Portugal que arranca este mércores 31 de xullo en Viseu.

A 81ª edición da Grandíssima rematará o 11 de agosto despois de ter percorrido 1531 quilómetros. A proba ten dúas contra o reloxos individuais, o prólogo de apertura e a décima de peche como acontece habitualmente nos últimos anos cun día de descanso fixado para o martes. 

Seis das nove etapas en liña son montañosas, destacando a cuarta tirada, que marca o regreso ao Alto de Torre, na Serra da Estrela, á que se chegará pola pendente máis dura, por Covilhã. É un dos percorridos máis esixentes dos últimos anos -sen bonificacións- ao que se engadirán as altas temperaturas do país veciño. 

 

Foto: La Voz de Galicia