Triplo éxito de Mila López e bronces de Iván Montero, Angel López e Luís Arceaga na Paracycling Bira





Modalidades: 

A Paracycling Bizkaiko Bira regresou ao calendario internacional como proba valedoira para a Copa de Europa e cos representantes galegos acumulando medallas nas estradas biscaíñas.

Mila López (Club Ciclista Riazor), na categoría WH4, fixo dobrete e adxudicouse a clasificación xeral. A baionesa impúxose na carreira en liña do sábado e na contra o reloxo individual do domingo. 

Os seus compañeiros de equipos tamén repetiron resultados. Iván Manoel Montero, en MH5, abonouse ao terceiro posto nas dúas xornadas e na táboa final, o mesmo que Luís Arceaga en MC3. Pola súa parte, Ángel López (Inclusivo Enki) colgouse o bronce en MH2.