A TVG2 emitirá os resumos do Campionato de Enduro e da Volta ao Ribeiro esta fin de semana





Tema: 

A Televisión de Galicia 2 emitirá este fin de semana dúas probas do calendario galego de competición celebradas recentemente. O sábado 30, entre as 21:10 a 21:25 será a quenda do Campionato de Galicia de Btt Enduro e o domingo día 1 emitirase o resumo da Volta ao Ribeiro 2018 de elite- sub23 entre as 17:47 e as 18:00 horas.

Sábado 30 de 21:10 a 21:25. Campionato de Galicia de Enduro                                                                      Domingo 1 de 17:47 a 18:00. Volta ao Ribeiro 2018