Veloso quedou a 199 milésimas da vitoria no prólogo da Volta a Portugal





Modalidades: 

A 81ª edición da Volta a Portugal púxose en marcha este mércores en Viseu con Gustavo César Veloso (W52-F.C. Porto) sendo o último corredor en tomar a saída e rozando o triunfo. O de Bamio rematou terceiro, a 199 milésimas do gañador, o seu compañeiro de equipo Samuel Caldeira.

Veloso percorreu os 6 quilómetros desta proba contra o reloxo en 7 minutos e 28 segundos. Entre os dous corredores do W52-F.C. Porto situouse Gian Frieseck (Swiss Racing Academy), que superou en 88 milésimas o tempo de Caldeira. 

O outro galego que xa sabe o que é gañar a Grandíssima, o estradense Alejandro Marque (Sporting Tavira), finalizou 17º a 11" de Caldeira, mentres que a representación autonómica complétaa nesta volta o ponteareán Cristian Mota (Miranda-Mortagua), 127º a 1:23.

Clasificación

 

Delio, noveno en Getxo

Nesta xornada tamén se disputou a 74ª edición do Circuito de Getxo, proba UCI 1.1. En terras biscaíñas o moañés Delio Fernández (Delko Marseille) asinou un 'top-10' cruzando a liña de meta en novena posición, a 13 segundos do vencedor Jon Aberasturi (Caja Rural).

Máis información

 

Foto: UVP